S.A.R. Dacuña y Pérez “A” 20 – Garaysa Xiria 27

División de Honra Infantil Masculino:

S.A.R. Dacuña y Pérez “A” (13 + 7): Mateo (1), C. González (1), Cabrera (6), Estévez (3), Nantes, Rodríguez, Chao, O. Castro (4), A. Castro (5), Carballido, G. González, Bas e Alonso.

E. BM. Xiria (15 + 12): Roi (4), Samuel, Mario, Cristopher (2), Jose, Pombo (2), Brais (2), Fran (4), Andy, Antón (3), Ronaldo, Pablo (1), Urbieta (2) e Vila (7).

Tocaba de novo outra xornada maratoniana con saída dende Carballo ás 07:15 da mañá e chegada ás 17:30 da tarde. O partido infantil foi o primeiro en disputarse e, ao igual que pasara fai dúas xornadas en Vigo, o equipo comezou o encontro un tanto durmido e sen a intensidade necesaria, o que supuxo que os locais comezaran acadando lixeiras vantaxes no marcador. Pero nesta ocasión os carballeses reaccionaron a tempo e non se deixaron levar polos nervios, aumentaron a intensidade en defensa e pronto comezaron a roubar balóns e a despregar o seu xogo rápido de contragolpe rematando a primeira metade con boas sensacións e con vantaxe no electrónico (13-15).

No segundo tempo o equipo seguiu apertando en defensa e a base de contragolpes foi aumentando a renda de goles rematando o encontro cunha ampla vantaxe, 20-27, que puido ser maior de non ser polos numerosos lanzamentos errados en situacións claras.

Unha nova vitoria e dous puntos máis que levan ao equipo á 3ª praza na táboa clasificatoria.