Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Infantil masculinoNoticias do clube

Catro rapaces das Escolas Balonmán Xiria participan no Campionato de España de Seleccións

Catro rapaces pertencentes ás Escolas Balonmán Xiria foron seleccionados para particiapar coas seleccións galegas no Campionato de España de Seleccións que terá lugar en Cataluña entre o 2 e o…

Catro rapaces pertencentes ás Escolas Balonmán Xiria foron seleccionados para particiapar coas seleccións galegas no Campionato de España de Seleccións que terá lugar en Cataluña entre o 2 e o 7 de xaneiro.

Así Juan Pereira e Mario Cancela, do Garaysa Xiria, en categoría infantil e Juanca Rodríguez e Andrés Vila, do Laber Xiria, en categoría xuvenil partirán na madrugada do 1 de xaneiro cara terras catalanas coa expedición galega que estará comandada por outro carballés, Bruno López vicepresidente da FGBM e Delegado Provincial da FGBM nas provincias da Coruña e Lugo.

Nas dúas categorías nas que terá representación o Xiria, o combinado autonómico aspira a estar entre os primeiros clasificados e tentarán acadar os postos de honra do campionato.

Dende a web do campionato poderanse seguir os partidos en directo: http://www.cesabm2017.cat/

Fichas dos xogadores carballeses na web do campionato:

– Juan Pereira: http://www.cesabm2017.cat/ficha_jugador.asp?id=57807&id_equipo=1304

– Mario Cancela: http://www.cesabm2017.cat/ficha_jugador.asp?id=57809&id_equipo=1304

– Juanca Rodríguez: http://www.cesabm2017.cat/ficha_jugador.asp?id=45948&id_equipo=1065

– Adrés Vila: http://www.cesabm2017.cat/ficha_jugador.asp?id=38388&id_equipo=1065

Próximo partido

Máis sobre isto