PABLO FILGUEIRA INCORPORASE AO CORPO TÉCNICO DAS E. BM. XIRIA

Pablo Filgueira Carballo incorpórase ao corpo técnico das Escolas de Balonmán Xiria. Dirixirá ao equipo cadete de Segunda División, Procasa Xiria, a un dos 3 equipos alevíns, o Lista Granit Xiria, e traballará nas escolas deportivas do CEIP A Cristina.

O técnico pontevedrés, de 26 anos, está licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte (INEF) pola Universidade de Vigo. Pablo Filgueira formouse como xogador de balonmán na canteira do Cisne, no seu último ano de xuvenil xogou na SD Teucro, chegando a debutar en Asobal, para logo pasar por varios equipos de 1ª Estatal como SAR e Chapela. Unha vez rematados os seus estudos foise a xogar fora da comunidade militando nos clubs Bm Moguer Huelva, C.B. Vinarós e Bm Puertollano. A pasada campaña xogou no Bm Lugo de 1ª Autonómica. Nestes catro últimos clubs compaxinou a súa labor como xogador coa de adestrador nas categorías de base, traballando tamén nalgúns destes destinos para a Federación/Delegación de Balonmán correspondente.