Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

PROCASA XIRIA 31 – A. C. RIBEIRO 16

A. C. Ribeiro 16 (9+7): Xián (9), Alejandro, Miguel Fernández (2), Miguel Domínguez, Ayrton, Ricardo (1), Joel, Diego, Anxo, Claudio, Mauro (4), Iago, Pablo. Procasa Xiria 31 (18+13): Martín, Iván…

A. C. Ribeiro 16 (9+7): Xián (9), Alejandro, Miguel Fernández (2), Miguel Domínguez, Ayrton, Ricardo (1), Joel, Diego, Anxo, Claudio, Mauro (4), Iago, Pablo.

Procasa Xiria 31 (18+13): Martín, Iván (1), Chouciño (3), Joaquín (2), Luís García (2), Calvete (2), Ricardo (11) -equipo inicial- Damián (4), Mario (1), José (1), Rubén (3), Luís Iglesias (1).

Colexiados: Roberto López Pitera.

Moi bo partido o disputado polo Procasa Xiria na pista do A.C. Ribeiro de Ribadavia. Os carballeses facíanse cunha vitoria que lles permite seguir invictos e compartindo o liderato co Rasoeiro do Grove.

Xa dende o comezo do encontro e grazas a un acertadísimo Ricardo, que mandaba á rede todas as finalizacións polo extremo, os de Carballo poñíanse por diante no marcador. Un entonado Miguel, que aínda que lle costou espertar e malia que recibiu un golpe nun dedo, firmou unha boa actuación na portería, e unido a unha boa defensa, con Luís facendo de director na posición de central, propiciaba a salida ao contraataque, tanto en primeira como en segunda oleada, cousa que o equipo soubo aproveitar ás mil marabillas. Joaquín desenvolvía as tarefas de central ofensivo con moito criterio e a renda non faría se non aumentar ata á conclusión do primeiro tempo (9-18).

A segunda metade sería unha continuación do primeiro acto, Damián e Calvete seguían traballando moi ben na posición de pivote entre os grandes defensores centrais do Ribeiro que mantiñan a súa defensa 6-0. Chouciño tiña á defensa do Ribeiro continuamente alerta cos seus lanzamentos a distancia e en tarefas defensivas Iván e Rubén desgastábanse na posición de avanzado intentando ralentizar o xogo do Ribeiro.

O partido remataba cunha renta de 15 goles (16 – 31), resultado xusto tralo bo traballo desempeñado polos nosos xogadores que seguen mantendo a cara á competición. A próxima xornada disputarase en Carballo ante o Tirso de Molina de Ferrol.