CISNE 39 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 25
Cisne 39 (21+18): Adrián, Chan (9), Miguel (5), Andrés (3), Estanislao (1), Enrique (2), Pablo (15) –equipo inicial- Juan, Ángel (1), Eloy (2), Carlos (1), Antonio, Diego. Ifecgás Pereira Xiria…
Cisne 39 (21+18): Adrián, Chan (9), Miguel (5), Andrés (3), Estanislao (1), Enrique (2), Pablo (15) –equipo inicial- Juan, Ángel (1), Eloy (2), Carlos (1), Antonio, Diego.
Ifecgás Pereira Xiria 25 (12+13): Naya, Iago (3), Zas (11), Brais (4), David Álvarez, Jorge Viñas, Antón (2) -equipo inicial- Dani (3), Bisbi, Martín, Miguel (2), Adrián, David García.
Colexiados: Andrés Rosendo e Carla Diz
Dificil encontro o que debía disputar o Ifecgás Pereira Xiria na sexta xornada de liga na División de Honra Xuvenil. Os carballeses viaxaban a Pontevedra para enfrontarse ao Cisne, lider invicto.
O Xiria volveu a amosar a súa peor faciana e prantouse na pista pontevedresa falto de intensidade e concentración. O Ifecgás Pereira comezou o encontro con moitos erros e imprecisións o que provocou que os locais acadaran pronto e demaneira doada unha renda de catro goles que se notaría demasiado no resto do partido e, sobre todo, no ánimo dos xogadores carballeses para competir ante un Cisne que puxo un alto ritmo de partido. O Cisne pronto se manexou con diferenzas cómodas que ían crecendo fronte a un equipo carballés entregado. O 21-12 que sinalaba o electrónico no descanso deixaba practicamente as portas pechadas ao Xiria para acadar algo positivo, salvo que o panorama cambiara radicalmente.
No reinicio o Ifecgás Pereira Xiria loitou, aínda que máis con corazón que coa cabeza. Isto propiciou que os visitante se achegasen no marcador ata os tres goles de diferenza. Pero nos derradeiros minutos os do Lérez voltaban a poñer unha marcha máis e remataban con todas as esperanzas do equipo verde que, de novo, baixaba os brazos, xa faltos de alento. Ao remate, un duro 39-25 do que haberá que recuperarse rapidamente para comenzar a sumar máis puntos nos vindeiros encontros.
Na vindeira xornada o Ifecgás Pereira Xiria recibe, domingo ás 12.15 h, no Pavillón da Zona Escolar de Carballo, ao potente Caixanova Octavio de Vigo, un dos equipos chamados a loitar polo campionato.