Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

IFECGÁS PEREIRA XIRIA 23 – LAS CINCO JOTAS LAVADORES 30

Ifecgás Pereira Xiria: 23 (9+14): Dani, David (5), Iago (3), Brais (3), Miguel (5), Alvarito (2), Jorge Viñas -equipo inicial- Iván, Cristian, Martín, Joaquín (3), Mario, Ricardo (1), Luís (1).…

Ifecgás Pereira Xiria: 23 (9+14): Dani, David (5), Iago (3), Brais (3), Miguel (5), Alvarito (2), Jorge Viñas -equipo inicial- Iván, Cristian, Martín, Joaquín (3), Mario, Ricardo (1), Luís (1).

Las Cinco Jotas Lavadores: 30 (17+13): Gonzalo, Iván (4), Óscar (7), Joaquín (4), Nico (5), Adrián (4), Jacobo (2) -equipo inicial- Borja (1), Manuel, Dani (3), Mario, Fran.

Colexiados: José Pérez e Víctor Freire.

O Ifecgás Pereira Xiria saíu derrotado do seu fuedo na penúltima xornada de liga na División de Honra Xuvenil fronte ao Lavadores de Vigo, un equipo que comandou o encontro dende o inicio.

Os de Xiria entraron moi frios no partido e non estiveron acertados nin mostraron o seu verdadeiro nivel na primeira metade. Na reanudación, a faciana dos carballeses mellorou pero a desvantaxe xa era demasiado grande como para conseguir superar ao equipo olívico, aínda que lograron superar ao Lavadores con un parcial de 14-13 nestes últimos trinta minutos.

Dende o primeiro momento, a tónica do marcador foi a do equipo vigués dominando o electrónico e o xogo na pista, acadando diferenzas moi cómodas dende os primeiros compases. O Ifecgás Pereira non atopaba a intensidade necesaria e mostraba de forma evidente numerosas imprecisións, que á postre serían insalvables. A batalla estaba a ser moi desigual e desta guisa remataba o primeiro asalto con marcador de 9-17 a prol dos foraneos.

O equipo bergantiñán puxo máis empeño e ritmo na reanudación, pero o Lavadores aguantaba ben as embestidas dos de Carballo e sacaba partido á renda que conseguira na primeira metade. Ao remate do encontro ese 23-30 deixa os dous puntos en poder dos visitantes e ao Ifecgás Pereira ocupando o noveno posto da taboa clasificatoria.

O próximo encontro a disputar polo Ifecgás Pereira Xiria, que será o último do campionato, enfrontaraos a domicilio ao Octavio de Vigo, segundo clasificado.