Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

GARAYSA XIRIA 41 – BUEU ATL. BM 35

Garaysa Xiria 41: (22+19) Jorge, Buño, Daniel García (2), Gabriel, Iván Campos (14), Raúl (1), Diego (3), Borja Rodríguez, Lolo (10), Alejandro, Jose Eiroa, Iván Calvo, Enrique (11). Bueu Atl.…

Garaysa Xiria 41: (22+19) Jorge, Buño, Daniel García (2), Gabriel, Iván Campos (14), Raúl (1), Diego (3), Borja Rodríguez, Lolo (10), Alejandro, Jose Eiroa, Iván Calvo, Enrique (11).

Bueu Atl. Bm. 35: (20+15) Jose (5), Anxo, Andre (14), David (10), Yoel, Abel (1), Jose, Sergio (5), Brais e Iván

O Garaysa Xiria recibía ao Bueu Atl. Bm. na 27ª xornada. Os de Carballo chegaban cun só punto de vantaxe sobre o seu rival e co hándicap da avultada derrota sufrida no partido de ida en Bueu, onde perdeu por 9 goles. A falta de só tres encontros para o remate da Liga e cunha racha de vitorias máis que alentadora, os de Carballo afrontaban moi motivados o que, a priori, sería o partido máis complicado dos tres restantes: (Bueu, Lavadores e Tui).

O encontro comezaba con intercambio de goles por parte de ambos conxuntos. As defensas non andaban finas e os poucos ataques que non remataban en gol eran máis por erros do ataque que por acertos da zaga. O Xiria foi practicamente incapaz de deter o ataque dos dous mellores xogadores do Bueu, os que levaban todo o peso do seu equipo nas tarefas ofensivas; entre eles acadaron 24 goles. Se ben é certo que o ataque do Garaysa era un auténtico ciclón contra a defensa rival. A boa selección de lanzamento que houbo en ataque axudou a que o Garaysa acadara os 22 goles ao remate da primeira metade, case un gol por minuto. Sen embargo unha mala defensa permitiu que o ataque do Bueu acadara tamén os 20 goles. A vantaxe era mínima e o encontro agardaba unha segunda parte moi disputada e emocionante, tal e como resultou ser.

No inicio do segundo tempo o encontro seguiu os mesmos pasos. Rápidos ataques que remataban en continuos intercambios de goles. Por momentos o Garaysa tomaba ata 4 goles de vantaxe, froito do bo traballo en defensa, tomando decisións intelixentes nos apoios. Pero no ecuador do 2º tempo o Bueu logrou empatar o encontro tras unha mala racha do Xiria, que, sen embargo, amosou moita madurez e entendeu que apretar en defensa era o único xeito de gañar o partido. Así o fixo e con moi bo criterio soubo poñerse por diante no marcador de novo, a vantaxe foi medrando ata chegar aos 6 goles ao remate do encontro, 41-35. Vitoria sufrida do Xiria, que aprendeu unha boa lección sobre a importancia da defensa, e dous puntos máis que lle aseguran como mínimo a terceira praza na Clasificación Final.

O partido seguinte será a derradeira viaxe; o equipo visitará a cancha do Bm. Lavadores, en Vigo, 10º Clasificado. Moita sorte e agardamos boas novas esa fin de semana, na que o Clube E. Bm. Xiria está de celebración, se a sorte está connosco pode que a parte da vitoria do Garaysa, poidamos celebrar o 1º posto do Vipecón Xiria, equipo cadete, e tamén o 2º posto do Calvo Xiria, equipo senior que milita en 1ª Nacional e que tería a oportunidade histórica de disputar a Fase de Ascenso que da dereito a unha praza na categoría de prata do Balonmán español. Momentos doces para a familia do Xiria que recolle os froitos de moito traballo dende anos atrás. Noraboa.