IFECGAS PEREIRA XIRIA 32 – CAIXANOVA OAR 26
Ifecgas Pereira Xiria (11+21): Naya, Ivan (4), Diego (2), Óscar (4), Pombo (9), Zas (4), Dani (3) – equipo inicial – Mecias, Boti, Andres (2), Borja, Nestor (1), Rodrigo (3).…
Ifecgas Pereira Xiria (11+21): Naya, Ivan (4), Diego (2), Óscar (4), Pombo (9), Zas (4), Dani (3) – equipo inicial – Mecias, Boti, Andres (2), Borja, Nestor (1), Rodrigo (3).
Caixanova OAR (12+14): Alvaro, Alberto (10), Yago (5), Jorge (2), Andres (2), Nesterov (2), Martín (5) – equipo inicial – Martiño, Ramón, Jacobo, Rodrigo, Juan, Anxo.
Colexiados: Sr. Francisco Soliño. Non influiu no resultado final.
O Ifecgas Pereira Xiria voltou a xogar un pesimo partido contra o Caixanova OAR,moi parecido ao que lle levou a perder contra este mesmo equipo na primeira volta, únicos dous puntos que ata o momento deixou escapar o equipo de Carballo. Ata o momento a diferenza nos partidos amigables sempre foron de dez ou mais goles a favor do Ifecgas Pereira, moi superior aos da Coruña, pero a verdade é que incomprensiblemente na liga os bergantiñáns non foron aínda quen de desenvolver o seu xogo.
No descanso o Caixanova OAR ía gañando por un tanteo de 11-12, xa que a defensa nunca existiu nos locais e a actuacción en ataque foi pirrica e nefasta, chea de accións individuais sen sentido ningún. Aínda e todo sabemos que o Ifecgas Pereira e infinitamente superior e iso foi o único que propiciou que tomara a dianteira mediada a segunda metade e non a deixara ata o final nun partido moi malo por parte dos dous equipos.
Parece que os locais están máis frouxos despois da volta do Nadal e urxe coller outra vez o rumbo canto antes para recibir ao Bm. Oleiros e a Esc. Mpal. de Camariñas, e a máis longo prazo para afrontar con posibilidades a posible clasificación para o campionato galego.
Ao remate o marcador sinalaba un resultado de 32-26 a prol dos de Carballo, no que o unico positivo foi obter os dous puntos en xogo.