CLÍNICA DEZA LALÍN: 40 – E.BM.XIRIA: 30

XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA

Clínica Deza Lalín 40 (19+21): Dani, Román(10), Marcos (4), Antonio (5), Dani (3), Duarte (12), David (3) – Equipo inicial – Fabián (2), Javier, Aarón, Xoán, Álvaro (1)

E.BM.Xiria 30 (18+12): Jorge, Alberto (4), Lolo, Enrique(5),Iván(15), José, Julián – Equipo inicial – Dani (1), Oscar (3), Cristian (1), Calvo (1), Gabriel, Borja, Antonio.

Visitaban os xuvenís das Escolas Balonmán Xiria, a pista do Clínica Deza Lalín, quizáis o conxunto máis temible da categoría e por suposto o que ten o curriculum máis amplo (subcampións de España fai dous nos en cadetes e campións Galegos o ano pasado nesta categoría).

Os de Xiria, veñen presentando nas últimas semanas unha perda da intensidade que en moitos momentos lles caracterizou e isto supuso que se baixara da segunda praza ata a quinta en poucas xornadas. De calquer feito, o grupo de xogadores de Carballo, segue a ser un equipo respetado e temido alí por onde vai porque, igual que é capaz de dar a de area, tamén e capaz de dar a de cal e poñer contra as cordas a os conxuntos máis fortes da categoría, como xa pasara na primeira xornada en campo do Octavio ou fai unha semana no encontro que lle enfrontou ao Luceros de Cangas.

Ambos conxuntos comenzaron o encontro moi fríos e desganados e así, sucedíanse numerosos erros e perdas de balón impropios dos úns e dos outros. O xogo era espeso, pouco vistoso e moi errático, nin as defensas nin os gardamalls eran quen de impoñerse aos ataques e a os lanzamentos exteriores e no paso polo minuto quince, o electrónico reflectía un 9-8 que mantiña a os bergantiñáns no partido. Parecía que os lalinenses, poñían a directa e un parcial de 5-2 nos seguintes cinco minutos, obrigaba ao técnico visitante a pedir o seu primeiro tempo morto.

O entrenador carballés, deu saída a catro xogadores que estaban no banco para buscar novos folgos e algunha variante táctica na retagarda. As novas instruccións deron o froito ersperado e cun parcial de 2-3 e outro de 3-5, o Xiria metíase de cheo no encontro ao remate do primeiro acto (19-18).

Na reanudación, os locais presentaron todas as súas credenciais técnicas e cun carácter moito máis competitivo que o mostrado ata entón, sairon como un vendaval, dispostos a evitar sorpresas e resolver o envite pola vía rápida. Aguantaron os carballeses cinco minutos, pero,

a partires de este intre, un parcial de 10-2, rompía definitivamente o encontro e poñía todo moi costa arriba para os verdibrancos. De novo, un tempo morto dos visitantes, pretendía frear a sangría que se avecinaba. A partires de eiquí, os de Xiria forzaban un parcial moito máis axustado de 9-8, pero as perdas de balón e os erros non forzados dende o minuto cinco ata o quince, terminaron por facer imposible a fazaña dun equipo, o bergantiñán, que segue a ocupar a quinta posición da táboa, inda que xa moi lonxe dos postos de cabeza.

A semana que ven, a liga sofre o parón da ponte de Decembro, pero o fin de semana do 15/12/ 13,visita Carballo o BM.Lavadores, un equipo que ocupa a cuarta praza da clasificación a tan só un punto dos de Xiria, polo tanto, en caso de conseguir a victoria, os locais superarían ao seu rival e pasarían a ocupar unha xugosa cuarta praza.