Lalín 23-Goldie Xiria 16

Crónica do Lalín 23-Goldie Xiria 16
Manuel Rey / 2 Decembro 2013

BM LALIN 23 (11): Eva (Ylenia) (p), Belén 9, Silva 5, Fernández 3, Natalia 2, Maite 3 e Carolina (equipo inicial) Roxanna, Cristina, Antía, Yolanda e Elena

GOLDIE XIRIA 16 (9): Sara (Brenda) (p), María 2, Marta 5, Juana 5, Adriana 2, Cris 1, Jessica 1 (equipo inicial) Tamara, Raquel, Lucía, Patricia, Sandra e Manón

Arbitraron: Paula Piñeiro e Elena Rivas, muy mal, permitiron a excesiva dureza do Balonmán Lalín, excluiron a Marta (3 veces) polo Xiria e a Ylenia, Belen (2), Fernández, Carolina e Silva (2) .

Marcador cada 5 minutos: /1-0/ /3-3/ /3-5/ /5-7/ /7-9/ /11-9 (descanso) /12-10/ /15-13/ /17-14/ /17-14/ /20-14/ /23-16/

11ª Xornada da Primeira Autonómica Feminina
30 Novembro 2013 no Pavillón Lalín Arena, 100 espectadores

Derrota do Goldie Xiria polo desacerto cara a portería rival e a extrema dureza do Lalín permitida polas colexiadas.

Os numerosos lanzamentos fallados ante a portería do Lalín convertíronse no peor enemigo do Xiria, que non era capaz de marcharse no marcador na primeira metade cando tivo diferencias de 3 goles e se amosaba moi superior as lalinenses, pouco a pouco ibanse asentando as rivais cunha defensa tremendamente dura que era permitida polas colexiadas, facendo que as xogadoras do Goldie estivesen máis atentas aos golpes que ao desenrolo do encontro. Pese a chegar con opcións aos dez derradeiros minutos, o desacerto incluso dende os 7 metros, errando 3 lanzamentos consecutivos e a permisibilidade arbitral facilitaron a victoria do Lalín.

A próxima semana párase a competición e voltará o Goldie Xiria o día 14 , recibindo a visita do Caselas no Vila de Noia.