DUROC BATALLÉ LALÍN: 25 – GRUPO LEMACO XIRIA: 23

CADETE DIVISIÓN DE HONRA

Duroc Batallé Lalín: 25 (13+12): Iván, Dani (5), Lucas (3), Antonio (5), Oscar (4), Uxío (2), Jonathan (4) – Equipo inicial – Diego (2), Pedro, Manuel, Xabier.

Grupo Lemaco Xiria: 23 (11+12) Antonio, Carlos (5), Gabriel (2), José (4), Borja (2), Iván (5), Juanca (3) – Equipo inicial – Souto, Tito (2), Xurxo, Alex, Alberto, Dani, Outes

O Grupo Lemaco Xiria, viaxaba a Lalín para enfrentarse a un rival directo, que, igualado a puntos cos carballeses, ocupaban a cuarta praza da clasificación, xusto por enriba de estes. O envite era importante para os dous conxuntos, xa que en caso de gañar, as primeiras posicións, seguirían moi a tiro.

Nos primeiros compases, podíase apreciar a igualdade entre dous equipos que levan camiños moi parellos no que vai de liga regular. Ninguén era capaz de escapar no marcador por máis de dous goles e o encontro tornábase entretido e vistoso para os siareiros alí presentes. Un parcial de 3-0 no meridiano de este tempo, parecía que podía abrir brecha no electrónico para os locais, pero non tardaban moito os verdibrancos en responder cun tanteo semellante para poñer de novo as apreturas no tanteador, xusto cando os colexiados asubiaban o remate do primeiro tempo (13- 11).

Co mesmo guión da primeira parte, comenzaba a reanudación. 2-2, 3-2 e 1-2, foron os primeiros parciais que mantiñan todo por decidir a falla de quince minutos para o remate. O partido era un toma e daca. Os lalinenses, fiaban todo a sua diferencia física no pivote e os verdibrancos, facían da velocidade a súa mellor arma. Un Souto espectacular na portería, mantiña a os bergantiñáns con esperanzas de acadar un resultado positivo, pero os erros non forzados nos instantes finais, penalizaban o bo traballo dos de Carballo nun momento no que calquer faio significaba deixar escapar os dous puntos en xogo.

Ao remate do encontro, o 25-23 deixa unha sensación de que o Grupo Lemaco puido sacar algo máis positivo da súa visita a Lalín, pero a igualdade da categoría, fai posible que os de Xiria estén situados no quinto posto, a tan só dous puntos da terceira praza.

A semana que ven, o conxunto de Xiria non xogará, xa que a liga entra no parón da ponte de Decembro e dentro de duas semanas, o equipo gozará da súa segunda xornada de descanso. Na última xornada da primeira volta, o fin de semana do 22/12/13, o equipo se despraza de novo ata a provincia de Pontevedra, neste caso para enfrontarse co BM.Porriño, 7º na táboa clasificatoria con oito puntos.