CLUB CISNE DE BALONMÁN 17 – VIPECÓN XIRIA 43
Club Cisne de Balonmán: 17 (5+12): Juan, José (3), David, D. Gonzalez (1), César (1), Javi (4), Anxo (3) -equipo inicial- Iago, Conde (2), Santi, Sergio (2), Aarón (1), Calviño,…
Club Cisne de Balonmán: 17 (5+12): Juan, José (3), David, D. Gonzalez (1), César (1), Javi (4), Anxo (3) -equipo inicial- Iago, Conde (2), Santi, Sergio (2), Aarón (1), Calviño, Jaime.
Vipecón Xiria: 43 (25+18): Zúpez, Javi (3), Martín (7), Óscar (3), Jorge (6), Álex (3), Rubén Gómez (8) -equipo inicial- Calvete (5), Anes (3), Julián (4), Alberto, Marc (1), Cristian, Miguel.
Colexiado: Andrés Bacelar e Farruco Soliño.Non influíron no resultado final.
O Vipecón Xiria acadou outra incontestable vitoria ao impoñerse na 15ª xornada de liga na División de Honra Cadete na pista do Club Cisne de Balonmán, o que mantén aos carballeses na segunda posición a un punto do Bm. Lalín, equipo co que se medirá na vindeira xornada.
A primeira metade foi claramente dos de Carballo que saíron como un autentico ciclón. Dende o inicio os carballeses impuxeron, de maneira contundente, a súa defensa sobre o ataque do Cisne e, ao contragolpe, mataban o encontro, desplegando un balonmán rápido, dinámico e vistoso. No intermedio o electrónico xa sinalaba un abultado 5-25 aprol do Xiria.
A segunda parte non tivo historia, o Vipecón aproveitaba para dar minutos de xogo a todos os integrantes do plantel, que demostraban a súa calidade e caracter competitivo, deixando ben claro as diferenzas entre ambos conxuntos na actualidade. Os de Pontevedra, resignados, agardaban con ansia o final do encontro. Ao remate un contundente 17-43 a prol dos carballeses.
Na vindeira xornada teremos un partido decisivo na loita polo título e polas primeiras prazas. O Vipecón Xiria recibe a visita do Portadeza Lalín, líder da competición con un punto máis que os carballeses e único equipo que ata o momento conseguiu doblegar aos rapaces de Fernando Vázquez. O encontro disputarase o domingo, ás 12.15 h no pavillón Carballo Calero da capital bergantiñá. Facemos un chamamento á afección para que acuda en masa a este encontro posto que neste envite os rapaces xóganse moitas das posibilidades para acadar o título e unha das prazas que dan acceso a participar nas fases finais do Campionato de España.