IFECGÁS PEREIRA XIRIA 29 – CLÍNICA DEZA BM. LALÍN 25

Ifecgás Pereira Xiria: 29 (14+15): Dani, Brais (4), Iago (5), David (7), Miguel (5), Viñas (3), Joaquín (3) -equipo inicial- Alvarito, Dani Amado, Igor, Mourín, Luís, Mario, Ricardo (2).

Clínica Deza Bm. Lalín: 25 (14+11): Alberto, Duarte (5), Paz (3), Iago (3), Rubén (4), Santi (5), Luís (5) -equipo inicial- Ramón, Martín, José, Brais, Pedreira, Manuel.

Colexiado: Fernando Eiras e Sergio Rodríguez.

O Ifecgás Pereira Xiria realizou un bo partido e acadou un trunfo grazas ao cal recuperou o sétimo posto da clasificación, a costa do seu rival de hoxe, o Bm. Lalín que antes de comenzar o encontro avantaxaba aos carballeses por un punto.

Dende o inicio o Ifecgás Pereira comezou mandando no marcador e amosaba a súa superioridade, anda que a diferenza no electrónico non reflectía a que si se apreciaba no campo. Os de Carballo, sen facer un mal partido, non tiñan o acerto e a intensidade de outras ocasións e parecía que, en canto puxeran unha marcha máis, a diferenza podía ser moito maior. As distancias no electrónico eran curtas e isto propiciou que, en canto os carballeses cometeron dous erros consecutivos, os visitantes aproveitaban este feito e íanse ao vestiario cun empate no tempo de lecer, 14-14.

O equipo bergantiñán aproveitou a segunda metade para poñer esa marcha máis que demandaban os primeiros trinta minutos e desta forma, moveuse sempre con distancias cómodas ao seu favor, dando a impresión de ter o control do tempo e do partido en todo momento. O encontro non foi excesivamente vistoso nin dinámico e os locais limitáronse a tirar de oficio e practicidade para conseguir o verdadeiramente importante no día de hoxe, os dous puntos en xogo con ese resultado final de 29-25.

O vindeiro sábado o Ifecgás Pereira Xiria visita o barrio vigués de Coia para medirse ao Seis do Nadal, co-lider da categoría, partido que se disputará ás 12.30 h no Pavillón de Coia.