PEGUFORM S.A.R. 21 – CALVO XIRIA 24

1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 19

19/02/2011 PEGUFORM S.A.R. 21 – CALVO XIRIA 24
Peguform S.A.R. 21 (13+8): Colinas [p], Ricardo (1), Damián (1), Martínez (4), Iñaki (2), Miroslav (7, 1 de 7 metros), Alejandro (2) -equipo inicial- Daniel [p], Brais, Quintela (2), Eloy, Gabriel (1), Carlos, Alfonso.

Calvo Xiria 24 (9+15): Iago [p], Alex García (1), Dubra (4), Jesús (4), Ramón, Christophe (2), Borja -equipo inicial- Naya[p], Pablo (7, 2 de 7 metros), Manuel (2), Fernando, Zas (2), David (2), Ángel.

Colexiados: Bernardino Fernández García e Raul Rodríguez Díaz, do colexio madrileño. Excluíron aos locais Ricardo (36´) e Quintela (38´), tamén ao xogador visitantes Ramón (49´).

Marcador: 1 – 1, 1 – 3, 5 – 3, 7 – 5, 10 – 7, 13 – 9 (descanso); 15 – 10, 15 – 13, 19 – 16, 20 – 19, 20 – 21- 21 – 24 (final).

7 metros: Peguform S.A.R.: 1 / 2 ### Calvo Xiria: 2 / 2
Sexta vitoria do Calvo Xiria na segunda volta da liga de Primeira Estatal noutras tantas xornadas. A S.A.R. de Redondela non foi nin moito menos un rival doado, aínda que ocupe praza de descenso amosou armas para tratar de manter a categoría no que queda de liga.

Catro goles para os dous equipos nos primeiros dez minutos marcaron o que ía ser o guión do encontro, sesenta minutos marcados polo traballo das defensas e a aportación dos porteiros. Non foi día de virtuosismo nos ataques pois por un lado a intensidade defensiva foi moi elevada e por outro os colexiados permitiron aos dous equipos empregarse a fondo nesta tarefa non dando nin unha soa vantaxe aos respectivos ataques. Foron as primeiras diferenzas no marcador a prol do Xiria, mais foi un espellismo.

A S.A.R. levou o mando e o peso do partido dende o minuto doce ata o cuarenta e oito, impedindo aos carballeses amosar as súas mellores armas, o contraataque e a velocidade da circulación do balón, os xogadores carballeses caían unha e outra vez en tentar accións individuais no ataque e permitían deste xeito que os locais rompesen o ritmo do ataque do Calvo, que en ningún momento do choque estivo cómodo neste apartado. Deste xeito non lle quedaba outra ao Xiria que elevar, e moito, as súas prestacións defensivas.

Nos quince minutos finais acadaou o Calvo Xiria un parcial de 2 – 8 que lle serviu para voltear o marcador e acadar dous novos puntos que o sitúan na segunda praza da táboa clasificatoria con un punto de vantaxe sobre o Chapela e dous sobre o Lalín.