IFECGÁS PEREIRA XIRIA 20 – S.D. OCTAVIO VIGO 28

Ifecgás Pereira Xiria: 20 (13+7): Iván, Luís, Iago (3), Alvarito (1), Miguel (10), Jorge Viñas (2), Ricardo -equipo inicial- Brais (4), Dani, Mourín, Martín, Mario, Joaquín, Dani Amado.

S. D. Octavio Vigo: 28 (13+15): Pablo, Germán, Rubén (7), Antón (4), Poio (4), Gonzalo (5), Adrián (3) -equipo inicial- J. Luis (4), Joaquín (1), Ismael, R. Rodríguez, Edu, Rodrigo, Castiñeira.

Colexiados: Abel Juncal e Francisco Soliño.

Excelente encontro o disputado polos xogadores do Ifecgás Pereira Xiria que, a pesar das moitas baixas e a visita dun dos máximos candidatos ao título, loitaron e competiron na totalidade do encontro, mantendo a ilusión de conseguir un resultado sorpresivo ata os últimos quince minutos, tramo no que se rompeu o partido.

O partido xa comezaba con un equipo local moi metido no papel a desenvolver, aínda que os primeiros compases foron para os de Vigo, que sairon decididos a rematar o encontro pola vía rápida. Os de Carballo consolidaban a sua defensa e acchegábanse no marcador a partir do minuto dez, para establecer unha absoluta igualdade ao longo deo resto dunha primeira metade que remataba con un 13-13 esperanzador para os locais e que auguraba unha segunda perte competida e disputada.

No inicio da segunda metade as cousas seguían da mesma maneira, os de Xiria mantendo un alto nivel defensivo e unha disciplina que os levaba ao éxito no ataque posicional. O equipo vigués tampouco lle perdía a cara ao partido e poñía toda a súa atención e talento nas accións de ataque, así como unha intensidade maior na parcela defensiva. Foi este último feito o que nun momento dado favoreceu aos intereses dos visitantes, xa que, mediada esta segunda parte, os do Ifecgás Pereira encontraban moitas máis dificultades para penetrar na defensa olívica. Chegado este momento os carballeses acumularon varios erros continuados debido a unha mala selección en tarefas de ataque e os foraneos aproveitaban para escaparse no marcador acadando unha renda de 4 tantos. Nos últimos minutos o Xiria foi a por todas e arriscaron con unha defensa presionante sobre os xogadores do Octavio, pero istes souberon explotar os espazos e ampliar a distancia ata o 20-28 final, nun resultado enganoso pola igualdade que se víu no envite.

Na seguinte xornada o Ifecgás Pereira Xiria recibe, domingo ás 12.15 h no Polideportivo Carballo Calero, a visita do Balonmano Porriño, rival directo na loita por escapar da zona de perigo.