Colofón con goleada para o Laber Xiria

O Laber Xiria xuvenil, pechou a tempada 2014-15 cun excelente partido ante o Academia Octavio de Vigo. Deste xeito, os de Carballo poñen a guinda a un ano excepcional, onde conseguiron o subcampionato galego e a conseguinte participación no campionato de España.

No encontro disputado hoxe no Vila de Noia, os bergantiñás saíron como un ciclón e en apenas quince minutos saldaron o partido (16-3). A retagarda carballesa impedía os lanzamentos dos olívicos e cando non era así, aparecía Dani Buño, infranqueable na portaría. Os rápidos contragolpes facían o resto do trabajo…..El Octavio estaba a mercé dos de Xiria. No descanso, o marcador xa reflectía un 24-8 e todo seguiría igual no segundo tempo.

Parecía que os visitantes tiraban de orgullo nos primeiros instantes do segundo tempo e saían con maior ritmo e intensidade, pero tan só foi un espellismo duns poucos minutos, os verdinegro volvían funcionar como colectivo na defensa, sacando de novo a velocidade para rematar a faena ao contraataque (45-18).

Excelente colofón a unha marabillosa tempada dos xuvenís de Xiria que seguirán adestrando ata final do mes de Maio.

Laber Xiria – 45 (24+21): Dani Buño,Tito (4), Iván Calvo (5), Borja González (1), Borja Rodríguez (2), Lolo (1), Diego (2), Alejandro Figueroa, Iván Campos (8) -Equipo Inicial- Gabriel (4), Antonio Mato, Damián (1), Diego Gago (1), Lolo (7), José Pereira (4), Dani García (5).

Academia Octavio Pizza Móvil – 18 (8+10): Pablo, Iago (3), Carlos (1), Rodrigo (5), Víctor (1), Miguel (2), Borja (1), Daniel, Diego (2), Fernan (2), Samuel (1), Ogando.

Parciais cada 5´: 7-1/11-1/16-3/18-5/21-6/24-8/Descanso/27-9/30-12/32-13/35-14/41-16/45-18/Final.

Árbitros: Julio Villanueva e Sergio Vázquez. Excluiron con dous minutos a Borja Rodríguez polos locais.

Incidencias: Derradeiro encontro para o Laber Xiria na tempada 2014-15. Partido disputado no Vila de Noia ante a presenza de cen afeccionados.

Fotos do encontro:

DSC_0093

DSC_0096

DSC_0101

DSC_0107

DSC_0110

DSC_0113

DSC_0119

DSC_0122