O Garaysa despediu a copa e a tempada fronte ao Octavio de Vigo

Garaysa Xiria – 22 (8+14): Pedro (2), Iago (3), Urbieta (1), Manuel, Alex (10), Adrián, Julio, Iker, Franco (1), Miguel (1), Renzo, Paulo, Sueiro (2), Diego Lema, Diego Rdgz. (1), Xurxo  (1) e Brian.

Academia Octavio – 32 (18+14): Quinteiro (2), Ojea (2), Vázquez (3), Touza (7), Castiñeira (2), Figueirido (5), Padilla, Peña (5), Escariz, Rial, Cela (4) e Gallego.

O Garaysa rematou a Copa Federación cunha derrota fronte o Octavio nun encontro onde rendiu a un bo nivel, pero 15 minutos malos na primeira metade foron determinantes no marcador final.

O Xiria comezou xogando con moita alegría, movendo ben o balón e acadando boas situacións de lanzamento dende os extremos, que comezaron moi entoados. O envite comezaba igualado nos primeiros minutos (4-4 Min.5). Sen embargo tras varios erros en ataque dos carballeses o Octavio abriu unha pequena brecha no marcador (5-7 Min.10) e a partires de aí os locais desapareceron do encontro, feito que aproveitou o equipo vigués para colocar terra de por medio e chegar ao descanso gañando de 10 goles.

Sen embargo o Garaysa non estaba disposto a deixar esa imaxe no derradeiro encontro da tempada e saíu cunha actitude moi diferente na segunda metade, pelexando moito máis en defensa e amosando unha maior predisposición ao ataque de tódolos compoñentes do equipo. O Xiria mellorou e conseguiu empatar o parcial da segunda metade contra o equipo vigués.

Hai que destacar a volta de Andrés Urbieta ao terreo de xogo que puido disputar duns minutos e incluso anotou un gol, para delirio dos afeccionados, moi contentos por velo recuperado trala grave lesión que o mantivera apartado dende o 23 de Novembro, naquel encontro fronte ao Seis do Nadal.

O Garaysa Xiria quere agradecer o apoio dos pais e nais, afeccionados, patrocinadores, colaboradores e medios de comunicación que apoiaron a este gran grupo de rapaces nesta tempada tan sufrida na que o equipo acadou a permanencia na derradeira xornada de liga.

 

Clasificación final da Copa Federación:

Clasificación

 

Fotos do encontro:

IMG_5008 IMG_5007 IMG_5018 IMG_5009 IMG_5012 IMG_5013 IMG_5017