Cómoda vitoria do Calvo Xiria ante o Bm. Brigantium

O noso senior feminino desfíxose con solvencia dun mermado Bm. Brigantium Nunegal que puño en atrancos ás nosas nos primeiros compases.

O conxunto carballés saía á pista cunha inusual defensa 5:1 que tardou en acoplarse e onde as coruñesas sentíronse moi cómodas no xogo coa pivote. Tras uns primeiros dez minutos de moitos erros defensivos, o Calvo Xiria colleu as rendas do encontro apoiado na seguridad defensiva e as rápidas transicións por zona central.

A falta de rotación local, alentaba ás nosas a un xogo rápido que pronto se viu reflexado no marcador cun 8-18 ó descanso.

Á volta de vestiarios, o cambio defensivo á 6:0 desbaratou calquera opción das locais de achegarse no marcador e tan só as accións de lanzamento exterior de Uxía Mariño quebraban o bloque defensivo. En ataque, o Xiria xeraba situación moi claras de finalización que permitían dobrar a distancia no marcador ata acadar o 17-37 final.

Un  paso máis para o noso senior feminino na loita por unha praza nos Play-off, que este semana ten unha dobre cita coa visita o sábado a Vigo, para recuperar o encontro aprazado contra o Seis do Nadal; e co encontro na casa o domingo ante o Bm. Caselas.