O HVU consegue a vitoria ante o Bm. Rasoeiro

Vitoria de mérito dun HVU Xiria plagado de baixas no que as xogadoras cadetes tiveron que dar un paso adiante.

Con ata sete baixas viaxaba o noso xuvenil feminino ó Grove, pero non foi ningún atranco para controlar o encontro dende o comezo e acadar os dous puntos. A defensa 5:1 do Xiria provocaba moita incerteza no ataque local e propiciaba moitos roubos de balón e recuperacións carballesas. Ós poucos, o conxunto da comarca de Bergantiños foi gañando confianza grazas á progresiva eficacia nos contraataques.

Cun marcador de 8-17 ó descanso, o segundo periodo serviu para probar novos sistemas e para que as máis novas do grupo gañasen responsabilidade. Bo resultado que amosa o paso adiante que moitas xogadoras estan a dar nas ultimas semanas e que demostra a capacidade do equipo de sobrepórse ós atrancos. Resultado final de 21-29 e dous puntos maís no casilleiro.

Esta semana toca un novo desprazamente, esta vez a Vigo, para medirse o venres ó Calfrima Carballal.