Cómoda vitoria do Hierros Varela Urbieta diante do Balonmán Atlántico

Hierros Varela Urbieta Xiria 29 – Balonmán Atlántico 12  (14-6)

Remata a primeira volta da liga de Segunda División para o Hierros Varela Urbieta nos postos altos da clasificación e con aspiracións de conseguir a primeira praza do seu grupo.

O rival deste domingo, o Balonmán Atlántico empezou ben asentado pero foise desinchando ante a presión da defensa do Xiria que con roubos e saídas ao contragolpe foi dobregando ao seu rival. O bo facer dos centrais carballeses dando mobilidade ao balón, facía chegar este aos extremos en posicións óptimas de lanzamento.

A mesma continuidade amosouse na segunda metade, onde un Xiria que pese a baixar un pouco en defensa dominou totalmente, nun partido onde se gustaron os xogadores en boas accións de ataque combinado.

A vindeira semana recibirá a visita o Arteixo no arranque da segunda volta.

Hierros Varela Urbieta Xiria 29  (14): Julio Ferreiro e Pedro Pena (porteiros) Diego Rodríguez 5, Carlos Varela 6, Aaron Rodríguez 5, Manuel Rama 1, Fernando Mallo 1, Xurxo Díaz 2, Pablo Esmorís 2, Alex Puñal 2, Javi Rodríguez 2, Roque Chao, Paulo Collazo 1 e Toni Calvelo 2.

Balonmán Atlántico 12  (6) Fernando Fernández (porteiro) Adrián Cabrera, Alejandro Arcas, David Suárez 2, Sergio Puertas, Manauel Borrás 1, Pedro Villacilleros 2, Jonatan Rego1, Shay Smyth 5 e Sergio Vázquez 1.

 

Arbitrou: Pablo Barreiro, sen complicacións