Mal partido do Grupo Lemaco diante do Octavio

Academia Octavio 32 – Grupo Lemaco Xiria 29 (16-17)

Un Xiria falto de ritmo e concentración non puido dar resposta a un Octavio que se fixo co partido, a ausencia de ideas no ataque e a falta de intensidade defensiva deron ao traste coas aspiracións dos carballeses.

Saltou con gañas o Grupo Lemaco a pista impoñendo a velocidade tras roubo de balón, aos 5 minutos ía apurando o marcador con vantaxe de 2 a 5, pero pronto cambiou a tónica do encontro, o Octavio marcaba con demasiada facilidade na que foi unha primeira metade de intecambio de goles, mínima vantaxe para os visitantes ao descanso 16 a 17. Nesta primeira metade mancouse Diego Antelo, que parecía que era o único en ver claro como abordar a defensa rival.

Na segunda metade un Xiria atascado no ataque e falto de gol, empezou a perder balóns dando opcións ao Octavio de romper o marcador índose de 8 goles, a seca goleadora do equipo durou 18 minutos onde nin de sete metros nin de contra era capaz de anotar. A presión do Grupo Lemaco nos derradeiros dez minutos dou froito para achegarse a dous goles pero o final do encontro estaba preto e xogaba a favor dos vigueses que se levaron a vitoria.

Paso atrás para o Grupo Lemaco nas súas aspiracións, que terá que resarcirse na segunda volta con outra imaxe.

Academia Octavio 32 (16): González Patiño (porteiro) , Figueirido 5, Rodríguez 1, Dacunha 2, González 4, Arcila 2, De Moura 3, Cameselle 3, Pérez 2, Fernández 3, Cerqueira 4 e Mouriño 3

Grupo Lemaco Xiria 29 (17): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Mario Cancela 8, Dani Mallo 8, Adrián Mesejo 1, Juan Pereira 1, Mario Rincón 2, Diego Antelo, Brais Vila 1, Carlos Antelo, Diego Rodríguez 1, Aaron Rodríguez 1, Iago Rincón 5 e Fernando Mallo 1.

Arbitraron: José María García e Iago Rodríguez, non gustaron os visitantes.