Xornada de derbi nas categorías base
Disputa este sábado o Calvo Xiria a CUARTA XORNADA DA PRIMEIRA ESTATAL, recibindo no Vila de Noia ao Artai Poio dende as 18:00. O obxectivo dos carballeses pasa por levarse…
Disputa este sábado o Calvo Xiria a CUARTA XORNADA DA PRIMEIRA ESTATAL, recibindo no Vila de Noia ao Artai Poio dende as 18:00. O obxectivo dos carballeses pasa por levarse os dous puntos co mínimo desgaste posible. Para conseguilo deberá de encauzar canto antes o partido ante o pechacancelas da táboa, dando minutos aos xogadores que menos acumulan até o de agora para que collan ritmo de competición. Agárdase dende o club carballés unha boa resposta do seu público xa que marcha o Calvo Xiria no primeiro posto da clasificación, compartindo privilexio co Novás. A intención do técnico local e dar descanso a todos os xogadores tocados para tratar de se recuperar ao 100% de cara ás próximas xornadas.
Namentres as rapazas do Goldie Xiria deben desprazarse a Cangas para xogar ante o equipo do Morrazo o domingo, nun horario moi pouco amigable. Tentarán as xogadoras do Xiria seguir na súa progresión en canto ao xogo ofensivo para tratar de puntuar ante un equipo que non lles dará facilidade algunha, pois xa antes do asubío inicial xogou algunha das súas cartas marcando o inicio do partido sénior feminino as 10:00 o que fará que a expedición carballesa teña que partir ás 07:00.
Na División de Honra derbi provincial para Escolas Balonmán Xiria, que xogará os seus partidos na casa do Oar, o Pavillón herculino de San Francisco Javier en xornada dominical. As 10:00 o Laber Xiria medirase ante un difícil rival a bo seguro, a pesar de non comezar con bo pe a tempada. Os herculinos vense na necesidade de quedar cos dous puntos e a rivalidade entre os dous conxuntos fai intuír un partido igualado. Os de Xiria non queren ceder e deste xeito afianzarse nos dous primeiros postos da clasificación. O Garaysa Xiria dende as 11:30 terá unha nova proba para tentar seguir ca boa senda de resultados que lle permite estar na parte alta da clasificación. Este é un partido no que todo mundo quere participar e achegar o seu graíño de area. E ás 12:45 o Grupo Lemaco Xiria saltará á pista ca idea de ter maior regularidade ao longo dos sesenta minutos para levarse os puntos en xogos, evitando os despistes que lle están a facer moito máis duros os partidos. Será fundamental para todos os rapaces o apoio dos seareiros que se queiran desprazar a ver o partido.
E outro equipo do Xiria que entra en competición. O Marmolería José Rey Xiria fai o o seu debut na competición infantil de 2ª Autonómica fronte o Alca. Comezan a liga con moitas ganas de progresar nunha liga moi competitiva e emocionante. O partido disputarase as 11:00 no pavillón do colexio Alca en Santiago.
