Cómodo partido para o Goldie Xiria ante o campus Auria

O Goldie Xiria sumouse ao #DiaMundialCancerMama para concienciar da importancia da prevención e detección precoz, levando uns lazos na súa camiseta.
lazo

Campus Auria 11 Goldie Xiria 30 (6-16)

Balonmán Campus Auria 11: Beatriz y Virginia (porteiras), Raquel, Angela, Claudia 1, Kadem, Olaia, Uxía 2, Carmen 1 Blanca 1, Lucía 1 e Xella 5.

Goldie Xiria 30: Brenda Noya e Aida Cangas (porteiras) Juana Garrochena 10 , Natalia Solís 3, Tamara Pombo 4, Jessica Posse 1, Sara Pombo 2, Cristina Gende 4, María Gómez, Raquel Gómez 2, Adriana Gómez 1, Patricia García 1 e Zeltia Landeira 2

Marcador cada 5 min .: /0-2/ /0-4/ /2-7/ /3-9/ /5-13/ /6-16/ /6-17/ /7-20/ /7-22/ /8-27/ /9-29/ /11-30/
Arbitraron: Julio López e Manuel Docampo, permitiron en exceso a dureza das locais, excluíron a Angela (3), Uxía, Lucía e Rua polo Auria e a Sara Pombo e Cristina Gende polo Xiria.
100 espectadores no Pavillón do Campus Universitario de Ourense
Saíron moi concentradas e conscientes do que debían facer as xogadores do Goldie, con un arranque de partido cómodo todo foi máis doado e o equipo puso goles de por medio do seu rival. Unha defensa espesa e presionante, propiciou a saída ao contraataque, imprimíndolle máis verticalidade ao xogo, xa nos primeiros 15 minutos dominaba 2 a 7, ampliando a ventaxa ata ese 6 a 16 no descanso.
Todo seguiu do mesmo xeito na segunda metade, Natalia e Tamara aproveitaron para soltar o brazo con bos lanzamentos e a velocidade de Juana e Raquel desbordaba as visitantes, dando como resultado ese marcador final de 11 a 30. Destacar a gran aportación de Aida na portería os 30 minutos que xogou e as gañas de todo o equipo pese a dureza das acción defensivas do rival.
A vindeira semana o Goldie Xiria, xogará outra vez a domicilio, diante dun rival directo na loita polos postos clasificatorios do grupo polo ascenso, a Sociedade Deportiva Teucro de Pontevedra.