Derbi para o Calvo Xiria

Levouse o derbi deste sábado ante o OAR o Calvo Xiria, tanto na pista coma na grada, e no que impuxo o seu xogo colectivo tanto defensivo coma ofensivo. Sen necesidade de caer en exclusións marcou o ritmo do encontro dende a defensa, na que a recuperación de Ramón permitiu compensar os tempos de xogo chegando aos minutos finais todos os xogadores coa suficiente frescura para levarse o partido.
No debe dos carballeses quedan as perdas de balón no primeiro tempo que deron vida aos seus rivais, ate tres balóns do contraataque caeron nas mans do Oar converténdose en gol. Xa no segundo acto a falta de tino no lanzamento foi a cara negativa dos verdibrancos que erraron oito situacións clarísimas dende os seis metros. Mais a actividade defensiva do Xiria impediu que o conxunto local fose quen de impoñerse nun encontro no que destacou en ataque Pablo, sendo un pesadelo para os defensores que lle foron poñendo diante.

Incidencias: Partido disputado no Pavillón San Francisco Javier ante 250 seareiros, dos cales 150 eran carballeses. Marcador cada cinco minutos: 1-4, 4-7, 7-8, 10-10, 10-12 descanso, 14-14, 17-17, 17-20, 19-22, 21-24, 24-29.
Colexiadas: Soraya Abelenda Martínez e Ana Correa Araujo do colexio galego. Excluíron a Hugo (23´), Fabián (41´), ao adestrador Pablo Aguirregabiria (49´) e Miguel (56´) polo bando local. Sete metros: dous a prol de cada equipo.
OAR CORUÑA 24 (12+12): Ignacio Santos [p], Miguel Lozano (7), Víctor Couceiro (4), Hugo Rodríguez (4), Sergio Sarasola (3), Fabián Canosa (6), Daniel Angeriz, Roberto Casero [p], Cristian Vigo [p], Gabriel de Melo, Ignacio Suárez, Diego Martínez, Daniel Picado, José López, Yoel García, Kevin Dacosta.
CALVO XIRIA 29 (15 + 14): Alejandro Naya [p], Sergio Facal (1), Ramón Suárez-Pumariega (1), Martín Alfeirán (8), Brais Puñal (3), Manuel Méndez (2), Jorge Bouzas (2), Martín Gómez [p], Alejandro Calvete, Pablo Iglesias (8), Mario García de Seárez, Gonzalo Pombo (1), Julián López, Iván Campos, Javier Rodríguez (3).