Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Cómodos puntos para o Calvo Xiria

Partido sen historia o vivido na tarde do sábado no Municipal de Novo Mesoiro. Plasmouse no terreo de xogo a diferenza que a día de hoxe hai entre os dous…

Partido sen historia o vivido na tarde do sábado no Municipal de Novo Mesoiro. Plasmouse no terreo de xogo a diferenza que a día de hoxe hai entre os dous equipos. Os xogadores herculinos non eran capaces de superar a defensa dos carballeses mentres con rápidas contras subían goles de xeito continuo ao seu electrónico o equipo do Calvo Xiria.
No minuto quince da primeira metade xa estaba completamente roto o encontro, tanto pola diferenza de +8 a prol do Xiria como polo xogo amosado por uns e outros. Dende ese intre so se puido ver a dous equipos deixando pasar os minutos en espera das seguinte xornada de liga.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal Novo Mesoiro con pouco máis de 50 seareiros nas bancadas. Colexiados: Aarón Sestay Prieto e Pedro Eiras Abalde do colexio galego, sen complicacións. Castigaron con exclusión a Miguel Rey (22´) e Miguel Casal (52´), por parte local, namentres polo Calvo Xiria foron sancionados Ramón Suárez-Pumariega (18´) e Mario García de Seárez (23´). 7 metros: Bm Ártabro 0//1, Calvo Xiria 3//5. Marcador cada 5 minutos: 1-5, 3-8, 3-11, 4-14, 6-17, 6-20, descanso, 7-24, 9-29, 11-32, 11-36, 12-38, 14-42.

BM. ÁRTABRO NOVO MESOIRO 14 (6+8): Pablo Barreiro [p], Marcos Carro (1), Ángel Rodríguez (1), Miguel Barreira, David Bouza (2), Miguel Rey, Miguel Casal (4), Iago Franco (2), Juan Ligero (1), Adrián Aguión, David Rodríguez (2), David Rocha (1).

CALVO XIRIA 42 (20+24): Martín Gómez [p], Iago Gómez [p], Alejandro Naya [p], Carlos A. Lema (3), Javier Rodríguez (2), Brais Puñal (5), Manuel Méndez (6), Sergio Facal (3), Julián López (2), Uxío Batán (9), Ramón Suárez-Pumariega (3), Martín Alfeirán (6), Mario García de Seárez (3).