Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

O Garaysa Xiria gaña a domicilio ao Seis do Nadal

Visitaba Vigo, o Garaysa Xiria, nun encontro no que nunca se sentiu cómodo. Empezaban ben o partido, impondo a súa defensa e recuperando balóns a un ataque local atrancado, pero…

Visitaba Vigo, o Garaysa Xiria, nun encontro no que nunca se sentiu cómodo. Empezaban ben o partido, impondo a súa defensa e recuperando balóns a un ataque local atrancado, pero os do Garaysa non eran capaces de materializar os ataques e contrataques dos que dispuñan. Á hora de lanzar, unhas veces o porteiro e outras a mala selección do lanzamento facían que que perdesen a concentración á hora de defender. O Seis do Nadal que nunca baixou os brazos, empezábase a afacer á defensa rival e atopaba espazos con facilidade. Ao descanso chegábase co resultado de 13 a 16 para os carballeses.

Na segunda parte, o Garaysa Xiria atopou a orde necesaria en defensa e puña unha diferenza de +7 a falta de 10 minutos para o final. Pero de novo volvíase a atascar en ataque, e o Seis do Nadal aproveitaba a oportunidade para remontar e chegar ao último minuto cun gol de diferenza a favor dos carballeses, nese momento apareceu a figura de Julio en portaría; realizando unha boa parada e sacando un contrataque que sería decisivo para o resultado final. 29-30

Na seguinte xornada o Garaysa Xiria enfróntase ao Cisne de Balonman, en Carballo.

Incidencias: Partido disputado no pavillón de deportes de Coruxo ante 100 seareiros. Colexiado: Rogelio Rojas Mesa, do colexio galego. Sen complicacións. Castigou con exclusión a Mario Oterino (5´) por parte local, namentres polo Garaysa Xiria foi sancionado Franco Rial (18´). 7 metros: Seis do Nadal 1//2, Garaysa Xiria 2//3.
Marcador cada 5 minutos: 1-4, 4-5, 8-8, 11-11, 13-16, descanso, 15-19, 18-25, 23-27, 24-28, 29-30.

SEIS DO NADAL 29 ( 13 + 16 ): Gael Miguez, Iago González, Rodrigo López, Mario Oterino (7), Hugo García (8), Pablo Muiña, Dario Pérez (6), Iago López (2), Iñaki Dacunha (1), Adrián Soto, Manuel Castro, Asier Cerqueira (1), David Álvarez (4).

GARAYSA XIRIA 31 (12 + 19 ): Julio Ferreiro [p], Diego Lema [p], Mario Rincón (7), Daniel Mallo (1), Alejandro Gómez (8), Mario Cancela (5), Juan Pereira (2), Diego Antelo (1), Iago Rincón (3), Adrián Mesejo, Iker Martínez, Franco Rial (2), Xurxo Díaz (1).

Clasifación jor 8

Seis do Nadal-Garaysa Xiria 2 Seis do Nadal-Garaysa Xiria 3 Seis do Nadal-Garaysa Xiria 4 Seis do Nadal-Garaysa Xiria 5 Seis do Nadal-Garaysa Xiria