O Grupo Lemaco cae ante o lider
O Grupo Lemaco Xiria sucumbíu ante o maior poderío físico do Seis Do Nadal, líder da División de Honra cadete. Os de Carballo foron capaces de mirarlle á cara aos olívicos nos…

O Grupo Lemaco Xiria sucumbíu ante o maior poderío físico do Seis Do Nadal, líder da División de Honra cadete. Os de Carballo foron capaces de mirarlle á cara aos olívicos nos primeiros vinte minutos, tempo no cal a vantaxe destes non superou os tres goles. Foi nos últimos dez da primeira parte cando, cun parcial de 8-4, os locais marchaban ao descanso cun marcador favorable de 20-13.
A continuación fíxose moi costa arriba para os bergantiñáns e a medida que a fatiga ía facendo madeixa nos xogadores, a superioridade física dos de Sedona facíase máis evidente. Si a diferenza xa era notable (33-21 minuto 15), o parcial de 7-2 conseguido polos olívicos en cinco minutos, terminou por rematar a resistecia do conxunto verdinegro. Sobre todo en tarefas defensivas, os de Carballo non puideron parar en ningún momento a maior fortaleza física e antropometría dos de Vigo, que se mostraron moi superiores no 1×1.
De calquera forma, O Grupo Lemaco ocupa a cuarta praza e segue situado na parte alta da clasificación. O fin de semana que vén recibe ao BM.Cisne, unha posibilidade para facerse cos dous puntos en xogo ante un rival directo na competición.
Seis Do Nadal: 43 (20+23). Víctor, Leiras (10), Antón (6), Andrés (4), Xurxo (4), Rubén (2), Martín (5)**-Equipo Inicial-**Antonio (4), Yago (2), Marcos (1), Samuel (2), Rubén, Víctor (3).
Grupo Lemaco Xiria: 26 (13+13). Mario Lema, Fran Rey (6), Andrés Vila (5), Roi Alfeirán (3), Andrés Urbieta, Pedro Pereira (5), Sergio Pombo (2)**-Equipo Inicial-**Samuel Castiñeiras, Sergio Tasende (1), José Varela, Miguel Regueiro, Ronaldo Durán (4), Renzo Díaz, Manuel Sánchez.
Parciais: 4-2/6-3/9-6/12-9/17-12/20-13**/Descanso/**23-16/28-19/33-21/40-23/42-24/43-26/Final.
Colexiados: Rogelio Rojas e Silvia Vázquez. Excluiron con dous minutos a os carballeses Roi Alfeirán e Pedro Pereira.
Incidencias: Encontro da oitava xornada da liga da División De Honra en categoría cadete disputado no municipal de Coruxo ante un centenar de seareiros, moitos deles desprazados dende Carballo.
Fotos do encontró:



