Cómodos puntos para o Calvo Xiria
Levouse o Calvo Xiria o partido da decimoterceira xornada con solvencia disputado o pasado sábado no carballés Vila de Noia ante un Granitos Ibéricos que non foi quen de superar…

Levouse o Calvo Xiria o partido da decimoterceira xornada con solvencia disputado o pasado sábado no carballés Vila de Noia ante un Granitos Ibéricos que non foi quen de superar a defensa local. As recuperacións de balón permitíronlle aos carballeses correr o contraataque coma máis lles gusta. O partido quedou resolto no minutos 20 do primeiro tempo, xa que un parcial de 7-0 elevaba ate os once goles a diferenza no electrónico convertendo o intento de reacción dos vigueses en imposible. O segundo tempo sobrou totalmente, xa que tanto uns coma outros dedicáronse a deixar pasar os minutos ate o asubío final.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Vila de Noia ante 300 seareiros. Marcador cada cinco minutos: 4-2, 7-3, 10-6, 17-6, 19-7, 22-7 descanso, 25-9, 28-11, 30-12, 35-14, 37-17, 39-19.
Colexiados: Soraya Abelenda Martínez e Ana Correa Araújo do colexio galego.
Exclusións: Calvo Xiria; Julián (24´ e 35´), Rubén (25´), Alberto (45´) e Calvete (56´). Granitos Ibéricos; Jacobo (16´), Juan (45´e 56´) e Abel (47´).
Sete metros: Calvo Xiria 2 / 2. Granitos Ibéricos 2 / 3.
CALVO XIRIA 39 (22+17): Martín Gómez [p], José Luis Fraga [p], Sergio Facal (4), Brais Puñal (3), Martín Alfeirán (5), Jorge Bouzas (4), Alejandro Calvete (2), Pablo Iglesias (6), Gonzalo Pombo (1), Rubén Anes (4), Iván Campos (3), Carlos A. Lema (6), Mario García de Seárez, Alberto Pereira, Julián López (1).
GRANITOS IBÉRICOS 19 (7+12): Pedro Ramírez [p], Jorge Ramírez [p], Luis Castro (2), Héctor Soage (2), Ismael Lago (1), Jacobo Coello (1), Hugo López (1), Pablo Pérez (5), Joaquín Rodríguez (4), Daniel Román, Abel Carreira, David Álvarez, Juan Araujo (1), Diego Mouriño (2).