Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

O Garaysa Xiria suma dous puntos de ouro na pista do Bm. Tui.

Bm. Tui – 23 (10+13): Martínez, Casales, Muñoz, Fernández C. (3), Rebellado, Domínguez, Pazos, Pérez (6), Gómez, González, Fernandez S. (11), Eiriz e Rey (3). Garaysa Xiria – 27 (15+12):…

Bm. Tui – 23 (10+13): Martínez, Casales, Muñoz, Fernández C. (3), Rebellado, Domínguez, Pazos, Pérez (6), Gómez, González, Fernandez S. (11), Eiriz e Rey (3).

Garaysa Xiria – 27 (15+12): Pedro (3), Mario (4), Manuel, Alex (11), Iago (3), Julio, Iker (2), Franco (2), Xurxo, Brian, Miguel (2) e Diego L.

O Garaysa Xiria acadou esta fin de semana unha importante vitoria de cara a manter a categoría, e o fixo fronte a un rival que pese a ir por debaixo no marcador durante todo o encontro non deixou de loitar ata o asubío final.

Os carballeses saíron moi centrados dende o principio xogando con moita continuidade e cuns xemelos entoados nos extremos que metían todo o que lles chegaba. Así chegaron as primeiras diferenzas no marcador, con vantaxes de 5 e 6 goles para o Garaysa, que se mantiveron durante toda a primeira metade. O marcador ao descanso era de (10-15)

Na segunda metade os locais saíron moi fortes e, baseando o seu poder ofensivo no seu mellor xogador, conseguiron achegarse ata os dous goles (15-17 min 10), pero o Garaysa soubo repoñerse e pronto recuperou a marxe dos cinco goles (19-24 min 20) o que lles permitía xogar os últimos minutos con máis tranquilidade.

Ao remate 23-27 nun dos mellores partidos do Garaysa Xiria lonxe de terras carballesas e co que remata a primeira volta como 8º clasificado.

Clasificación trala 1ª volta (11ª xornada)

Clasificación

Fotos do encontro:

IMG_4473 IMG_4474 IMG_4482 IMG_4488
IMG_4486