Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Previa da xornada

Complicado desprazamento para Calvo Xiria

Viaxa Calvo Xiria a Vigo o domingo para medirse ao Seis do Nadal no municipal de Coia a partires das 12:30. Non será un partido sinxelo para os carballeses, so…

Viaxa Calvo Xiria a Vigo o domingo para medirse ao Seis do Nadal no municipal de Coia a partires das 12:30. Non será un partido sinxelo para os carballeses, so temos que pensar que caeu nesta pista o Novás hai quince días. Moito tino no manexo de balón, ante as defensas abertas que a bo seguro presentarán coma alternativa ao seu clásico 6:0 os vigueses, será unha das claves para tratar de continuar no primeiro posto en solitario. Tampouco poderá descoidar a parcela defensiva o equipo bergantiñán para poder utilizar unha das armas que máis lles gusta, o contraataque. Dirixirán o encontro Damia Sanchez Miquel e David Vicente Cerrillo do colexio catalán.

O Goldie Xiria desprázase este sábado á localidade luguesa de Taboada, onde se medirá ao conxunto local, que actualmente pecha a clasificación da Primeira Autonómica contando os seus partidos como derrotas. Fácil compromiso para un Goldie Xiria, que se ve prexudicado polo sistema de competición, debido ao numerosos paróns polas xornadas de descanso. Non estarán para o encontro, nin Patricia García, que segue co proceso de recuperación, nin a porteira Brenda Noya por motivos laborais.

E na matinal do sábado duelo de rivalidade provincial entre Xiria e Oar no Vila de Noia carballés. Os infantís do Garaysa Xiria ás 11:30 deben lembrar que na primeira volta custo moito entrar no partido e iso fixo que até a segunda parte non se distanciase no marcador.
Para este partido son baixa segura os pivotes Adrián Mesejo e Franco Rial, ambos lesionados. E é dúbida Mario Rincón que segue sen poder adestrarse ao mesmo ritmo que os seus compañeiros debido a unha sobrecarga no xemelgo. O Grupo Lemaco Xiria, que xoga ás 10:00, tentará manter o bo nivel defensivo amosado no último encontro e sacar vantaxe ao contragolpe, como xa fixeran no encontro de ida, onde os carballeses venceran ao OAR por un contundente 18-33. Para este encontro o Grupo Lemaco non poderá contar con Pombo, Mario e Pedro que causan baixa por diferentes motivos. E o Laber Xiria, que recuperou a segunda posición da liga, afronta ás 12:45 o terceiro derbi da xornada e aínda que están situados nos polos opostos da clasificación, non son momentos para que os de Carballo pequen de confianza e si para que sigan a demostrar o bo estado de forma despois do parón de Decembro.

Doutra banda, o Marmolería José Rey Xiria xoga a segunda xornada de Cópa Deputación contra Bm Ribadosar. O partido dispútase o domingo ás 11:00 no pavillón Ceip Fogar de Carballo. O equipo espera seguir coa progresión defensiva necesaria para subir o nivel e disputar os puntos en xogo.

Máis sobre isto