Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Infantil masculino

Contudente vitoria do Garaysa Xiria

Partido disputado o sábado, onde o Garaysa Xiria impúxose por un claro 47 a 9 a un Lalín inferior no plano físico. Desde o inicio deixou claro o Garaysa que…

Partido disputado o sábado, onde o Garaysa Xiria impúxose por un claro 47 a 9 a un Lalín inferior no plano físico.
Desde o inicio deixou claro o Garaysa que levaría os puntos dun partido que non tivo historia e onde foron capaces de manter o ritmo de xogo durante os 50 minutos e que de non ser polos erros no lanzamento desde 6 metros, a diferenza sería maior.

Acabados os enfrontamentos contra os 3 últimos da táboa, o Garaysa Xiria espéranlle 2 meses de continua progresión a nivel de dificultade na competición, nos que deberá dominar os sistemas de xogo ofensivo e defensivo; e mellorar no aspecto físico para alcanzar maiores cotas.

A seguinte xornada, levaralles até A Coruña, para enfrontarse no derbi provincial, ao Oar.

Incidencias: Partido disputado non pavillón Carballo Calero ante un centear de seareiros de ambos os conxuntos. Colexiado: Angel Villar Corrales do colexio galego. 7 metros: Garaysa Xiria 1/2 Lalín 1/2
Marcador cada 5 minutos: 3-1, 8-1, 12-1, 18-1, 23-3, descanso, 26-5, 29-6, 36-7, 41-8, 47-9.
GARAYSA XIRIA 47 ( 23 + 24 ): Pedro Pena [p], Darío Calviño [p], Aarón Rodríguez (3), Carlos Varela (5), Mario Cancela (6), Daniel Mallo (14), Fernando Mallo (8), Juan Pereira (1), Diego Antelo (5), Julián García (4), Javier Rodríguez, Antonio Calvelo, Pablo Esmoris (1).
JAR LALÍN 9 ( 3 + 6 ): Miguel García (3), Aitor Gil (1), Breixo Pereira, Xabier Crespo, Antón Maceira (3), Xabier Fernández (1), Sergio Sar, Martín Ortuño, Eric Giner (1), Matías López.

Próximo partido

Máis sobre isto