Contundente vitoria dos xuvenís de Xiria

O conxunto xuvenil de E.BM. Xiria, se situa no máis alto da táboa clasificatoria despois da vitoria de hoxe Domingo contra o BM.Ártabro. A pesar do contundente do marcador, o equipo coruñés entrou moito mellor no partido, mostrando unha boa circulación do balón e unha defensa dinámica e con intención, actuando cara a pelota. Pola contra, o ataque dos bergantiñáns era moi estático, sen respostas,situación que propiciaba o roubo de balóns por parte dos locais. Despois dun tempo morto e de reorganizar a primeira liña do equipo, os verdibrancos comezaron a funcionar doutra forma e o 5-2 de parcial entre o minuto 10 e o 15, dáballes a primeira vantaxe do encontro. Os xogadores do Ártabro, non baixaban os brazos e seguían a competir de forma exemplar. Os axustes defensivos, facían posible que os de Xiria provocasen erros nos seus rivais e recuperasen balóns, feito que lles posibilitaba mostrar toda a súa velocidade e eficacia no contraataque. No tempo de descanso, o marcador reflectía unha diferenza de 9 goles para os visitantes, pero era vital manter a concentración e a intensidade cara á reanudación.

Na segunda parte, o equipo de Carballo foi aumentando paulatinamente a diferenza, aproveitando o seu fondo de banco e o desgaste físico do seu rival. Neste contexto, os bergantiñáns encontráronse cun final de partido prácido ante un bo conxunto que amosou, mentres lle duraron as forzas, unha grande ilusión por competir.

E.BM.Xiria 45 (21+24): Dani Buño, Iván Campos (9), Daniel García (8), Gabriel Castiñeiras (6), Borja Rodríguez, José Pereira (3), Enrique Pena (7)-equipo inicial-Alejandro Figueroa, Damián Rodríguez (4), Andrés Barca (3), Borja González (1), Diego Gago (2), Iván Calvo (2).

BM.Ártabro 21 (12+9): Javi, Antón (6), Giráldez (2), Lucas (5), Angel (2), Cabaleiro (), Miguel (2)-equipo inicial-Jorge, Pablo,Ignacio, Miguel, Isak (1).

Resultado cada 5´: 2/2, 4/4, 6/9, 8/13, 9/18, 12/21-descanso-14/23, 15/26, 16/29, 18/32, 19/37, 21/45.

Árbitros: Pablo González e Angel Mateos. Excluiron polos locais a Antón (2), e Manuel.

Incidencias: 50 espectadores e moitos siareiros carballeses nas bancadas do Pavillón Novo Mesoiro.

Clasificación 2º xornada

CLASIFICACIÓN JUVENIL