Cuarta vitoria consecutiva para o Calvo Xiria

O noso senior feminino volve de Tui con dous valiosos puntos que afianzan ó equipo na parte alta de táboa.

O Clube Balonmán Tui chegaba invicto a un dos encontros máis interesantes da xornada, onde as locais non o puxeron nada fácil ás carballesas. Tras uns comezos de intercambio de golpes entre ambos conxuntos, o Xiria non estaba moi atinado, con moitas imprecisións nos pases e erros na segunda oleada. O Tui chegaba a estar catro tantos por encima (11-7) grazas, en gran parte, á boa actuación da súa porteira. Un bo arreón final serviu as carballesas para chegar ó descanso coa máxima igualdade (13-13).

Á volta de vestiarios, unha exclusión no tramo final obrigaba as nosas a comezar cunha xogadora menos. O sobreesfrozo defensivo nesta inferioridade mántivose en toda a segunda metade. O acerto defensivo carballés liberou as nosas de presión en ataque e o xogo no ataque volveu a ser moi fluido, con boas accións de contraataque lideradas por Valeria e Duna. A renda de tres goles acadada no ecuador da segunda metade mantívose case ata o finalm onde o luminoso refloxou a definitivo 24-28.

Vitoria moi coral e de moita importancia nunha pista moi complicada que mantén as nosas na parte alta e evidencia o bo momento do coxunto carballés. Sen tempo para moita relaxación, este domingo ás 12:30 visita o Vila de Noia o De Pueblo Carnicería Bm. Pabellón.