DECORACIONES J. BELLO XIRIA 21-ACADEMIA OCTAVIO 33

Decoraciones J. Bello Xiria: 25 (12+13): Buño, Iván (1), Julián (2), Diego (1), Dani (6), Enrique (3), Cristian (1) -equipo inicial- Miguel, Óscar (1), Lolo (6), Raúl, Jorge.

Academia Octavio: 45(27+18): Oliveira, Antón (8), Rogelio (6), Dani (5), León (2), Rubén (9 ),Xurxo (2) -equipo inicial- Andrés, Iglesias, Alex, Pedro, Veiga,Adrián,Núñez.

Colexiado: Lucas Crespo e Pablo Álvarez.

Gran melloría demostrou o Decoraciones José Bello Xiria no partido que o enfrontou ao Academia Octavio de Vigo. A progresión deste equipo é moi notable comparado co mesmo enfrontamento que tiveron os dous clubes hai escasamente un mes. Naquel entonces, os de Carballo caían na Copa Federación por un contundente 28-45 e desta volta os nosos foron moito máis solventes e demostraron unha progresión no seu balonmán moi a ter en conta.

A calidade do equipo visitante está fora de toda dúbida, é un equipo formado na súa maior parte por xogadores un ano maiores que os de Xiria e chamados a loitar polo título da liga sen ningún tipo de dúbidas.

A primeira parte foi claramente de dominio visitante, controlando de forma moi clara todos os aspectos do xogo. Os locais, lonxe de desesperarse ante a superioridade mostrada polo equipo olívico, mostrábanse combativos aínda que irregulares no seu xogo, alternando momentos excepcionais con erros absurdos. Estes erros non forzados eran os que sentenciaban aos carballeses que se ían o vestiario no descanso cun resultado en contra de 9-18.

Na segunda parte foi totalmente diferente e aínda que os de Vigo seguían a impoñer a súa calidade, os de Carballo non lle ían a zaga e melloraban claramente nas tarefas defensivas e no ataque posicional. Se a isto engadimos que as perdas de balón foron moito menores, temos a explicación de ese 12-15, parcial que reflectía o electrónico nestes segundos trinta minutos. No remate do encontro, o 21-33 deixa moi boas sensacións para os carballeses e mostra unha melloría ilusionante cara a futuros encontros.