Ifecgás Pereira Xiria: 27 (14+13): Zúpez, Bouzas (3), Martín (6), Javi (5), Miguel (3), Álex (5), Rubén Gómez(1) -equipo inicial- José(2), Mario (1), Calvete, Anes, Iván, Viñas (1), David.
Seis Do Nadal: 20 (8+12): Carlos, Jacobo (6), Manuel (4), Xabier (3), Diego (2), Javi (1), Andrés (2) -equipo inicial- Dani (1), Xoel, Ezequiel, Oscar (1), Alfredo, Alex, Angel.
Colexiados: Daniel Portela e Daniel Rodríguez.
Partido sinxelo e sen historia o que disputaron o Ifecgás Pereira Xiria e o Seis Do Nadal vigués no Polideportivo Carballo Calero de Carballo e no que os locais puxeron de manifesto a súa absoluta superioridade.
Os bergantiñáns puideron dar descanso durante todo o partido o seu xogador David García, xa que resolveron a papeleta con moita contundencia xa nos primeiros trinta minutos.
Comezaron os locais defendendo forte, con intensidade e correndo ao contraataque, tal e como a eles lles gusta. Isto fixo posible que as distancias foran cómodas e incluso avultadas dende os primeiros minutos, e xa no remate do primeiro tempo o partido concluíra a prol dos de Xiria (14-8).
Na segunda parte o Ifecgás Pereira dedicouse simplemente a controlar o marcador e facer un partido cómodo, con pouco desgaste para o equipo. Todos os xogadores que estaban convocados para este encontro tiveron minutos de xogo agás o antes citado, David García.
O equipo de Carballo conta os seus partidos por vitorias e segue na súa senda de ambicionar os postos máis altos da táboa clasificatoria.
A semana que ven, os carballeses viaxarán a Bueu para enfrontarse ao equipo desta localidade. O encontro disputarase o sábado día 12 ás 12:30 no municipal bueuense.
