Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

DECORACIONES J. BELLO XIRIA 27 – NCG O.A.R. CORUÑA 38

Decoraciones J. Bello Xiria: 27 (18+9): Manuel, José, Julián (6), Alberto (6), Dani (1), Enrique (8), Raul (2) -equipo inicial- Miguel, Óscar (2), Gabriel, Calvo (1), Fran (1). NCG O.A.R.…

Decoraciones J. Bello Xiria: 27 (18+9): Manuel, José, Julián (6), Alberto (6), Dani (1), Enrique (8), Raul (2) -equipo inicial- Miguel, Óscar (2), Gabriel, Calvo (1), Fran (1).

NCG O.A.R. Coruña: 38(20+18): Núñez, Martínez (9), Martín (6), Santo (4), López (5), Bermúdez (4) García (4) -equipo inicial- Vidal, Casal (1), Vázquez (1), Salvador (2), Rábade, De Blas (1), Puga (1).

Colexiados: Julio Villanueva e Sergio Vázquez.

Ata catro xogadores infantís xogaron o pasado domingo cos cadetes de Xiria e demostraron a súa competitividade para poder facelo nunha categoría máis e ante un rival tan complexo como e o O.A.R. da Coruña. A progresión de este equipo é moi notable e a pesar de contar con cinco baixas souberon competir contra un dos mellores equipos da categoría.

A primeira parte foi moi igualada, case sempre comandada no electrónico polo equipo visitante, aínda que con mínimas diferenzas. Os locais mostrábanse combativos, pero en ocasións irregulares no seu xogo, alternando momentos excepcionais con algúns erros e perdas de balón. Os dous equipos retirábanse os vestiarios cun resultado parcial de 18-20.

A segunda metade comezou da mesma maneira, pero, sobrepasado o meridiano da reanudación, os herculinos distanciábanse de ata cinco goles e foi aquí onde o J. Bello Xiria baixou a súa intensidade, feito que provocou a diferenza final no marcador, que non foi tal na pista.

A vindeira fin de semana os de Carballo viaxan a Vigo para enfrontarse ao segundo clasificado, un equipo tan potente como é o Academia Octavio. O encontro disputarase o sábado 28 na pista do Frontón ás 11.00 h.