MAGOPE SEIS DO NADAL COIA 28 – CALVO XIRIA 23

1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 16

28/01/2012 MAGOPE SEIS DO NADAL COIA 28 – CALVO XIRIA 23
Magope Seis do Nadal Coia 28 (16+12): Boullosa [p], Benaches (6), Rial (1), Chamorro (6, 4 de 7 metros), Rodríguez (3), Piñeiro (3), Escudero (1) -equipo inicial- Soliño [p], Couso, Fernández (3), Estévez (1), Rey (1),Casal (1), Soto (1)

Calvo Xiria 23 (9+14): Kike [p], Dubra, Jesús (1), Manuel (4), David (3), Pablo (9, 4 de 7 metros), Cuco -equipo inicial- Iago [p], Miguel, Ángel (1), Alex Zas, Sergio (4), Ramón (1), Brais.

Colexiados: Srs. Rosendo López e Rodríguez Estévez, do colexio de Galego. Excluíron aos locais Benaches (4´), Piñeiro (11´), Rey (27´), Chamorro (53´), tamén aos xogadores visitantes Ramón (18´ e 48´) e Cuco (46´)

Marcador: 3-1, 6-2, 9-4, 11-7, 15-9, 16-9 (descanso); 18-11, 20-16, 22-17, 26-18, 27-20, 28-23 (final).

7 metros: Magope Seis do Nadal Coia: 4 / 5 ### Calvo Xiria: 4 / 5
Non puido traer o Calvo Xiria punto algún na súa visita a Vigo. Enfrontouse no Municipal de Coia a un Sedona que se levou os dous puntos en xogo e de paso superou na táboa clasificatoria aos carballeses.

Dende os primeiros compases de encontro o Calvo Xiria non tivo nin a máis mínima fortuna nos seus lanzamentos. 4 goles en 15´ minutos falan ben ás claras da pouca efectividade do ataque carballés. Tampouco foi preciso que os porteiros vigueses estivesen demasiado acertados, simplemente non era o día dos xogadores do Calvo na finalización.

No primeiro tercio do segundo tempo parecía que o Xiria se metía de cheo no encontro. Logo de ir perdendo por nove goles tivo un par de balóns para situarse a tres, pero non foi quen o Xiria de aproveitalos xa que, como non, de novo a falta de puntería condenaron a un esforzo baldío eses dez minutos.

O máis positivo foi a reincorporación de Brais que pouco a pouco vai deixando atrás os problemas físicos que arrastra dende o inicio da tempada.

A vindeira xornada recibe o Calvo Xiria na casa a un Lavadores en alza, que logo de recuperar a varios dos xogadores que tiña lesionados, e que aspira a saír dos postos baixos da clasificación e eludir as prazas de descenso. Como sempre, o partido xogarase o sábado ás 18.30 h no Pavillón Mpal. Vila de Noia de Carballo.