DECORACIONES J. BELLO XIRIA 47- BM. PABELLÓN OURENSE 26

Decoraciones J. Bello Xiria: 47 (21+26): Buño, Iván (9), Julián (6), Diego (1), Alberto (5), Enrique (8), Dani (3) -equipo inicial- Cristian (2), Raúl(3), Jorge, Gabriel, Lolo (4), Iván Calvo, José (6).

Bm. Pabellón Ourense: 26 (13+13): Roberto, José (3), Mateo (2), Diego (1), Alberto (14), Pedro (2 ), Álvaro (1) -equipo inicial- Guillermo(3), Luis, Brais.

Colexiados: Abel Juncal e Farruco Soliño.

A pesar de non facer o seu mellor partido, o J. Bello Xiria impúxose con moita claridade e contundencia ao Balonmán Pabellón Ourense.

Dende o inicio, o dominio foi local, tanto no xogo como no electrónico, e pronto as distancias comezaban a ser avultadas. As perdas de balón e os erros cometidos no día de hoxe non facían perigar o resultado final, xa que a distancia entre os dous equipos era moita, sempre a favor dos de Xiria. O 21-13 do descanso deixaba o partido visto para sentencia e antollábase unha segunda parte pracida para os carballeses.

A reanudación no tivo máis historia. Todos os rapaces de Carballo puideron ter minutos de xogo e participar dun partido cómodo, sen lugar a sobresaltos. A defensa bergantiñán respondía solidaria aos ataques dos ourensáns e ampliaba a distancia no electrónico cos seus contragolpes letais. No ataque posicional, o movemento rápido de balón desbarataba a defensa visitante e tanto os lanzamentos lonxanos como as penetracións dos extremos perforaban unha e outra vez a portería contraria.

Esta vitoria sitúa aos de Carballo nunha cómoda quinta posición na táboa clasificatoria, a falia de un partido antes do parón do Nadal.

A próxima fin de semana o Decoraciones J. Bello Xiria viaxará a Pontevedra para enfrontarse ao último clasificado, o Cisne.