Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

DECORACIONES J. BELLO XIRIA 42 – CLUB CISNE DE BALONMÁN 27

Decoraciones J. Bello Xiria: 42 (17+25): Buño, Óscar (5), Julián (3), Diego (1), Enrique (6), Iván (14), Lolo (7) -equipo inicial- Alberto (4), Fran, Miguel, Jorge, Raúl (2). Club Cisne…

Decoraciones J. Bello Xiria: 42 (17+25): Buño, Óscar (5), Julián (3), Diego (1), Enrique (6), Iván (14), Lolo (7) -equipo inicial- Alberto (4), Fran, Miguel, Jorge, Raúl (2).

Club Cisne de Balonmán: 27 (17+10): García, González (6), Torres (6), Fernández (8), Vidal (4), Valiño, Miguel (2) -equipo inicial- Coude (1), Lino, Ogando, Lorenzo..

Colexiadas: Tania Rodríguez e Alba Currás.

O Decoraciones J. Bello Xiria conseguíu o pasado sábado unha importante vitoria fronte ao Cisne de Pontevedra. Estes dous puntos fan que os carballeses se coloquen na sexta posición da táboa clasificatoria e aseguren de forma matemática este posto a falta de unha xornada para rematar a competición.

A primeira parte foi moi igualada, case sempre co equipo local por diante, pero sempre con vantaxes moi curtas que daban lugar á incerteza. Os dous equipos mostrábanse irregulares no xogo e os bergantiñáns erráticos nas súas accións, feito que os levou a perder a vantaxe da que gozaban ao borde do descanso, 17-17.

No reinicio o J. Bello saíu cunha marcha máis, disposto a sentenciar o encontro pola vía rápida. Desta volta, os carballeses mostrábanse moi seguros de si mesmos, sen dar lugar á relaxación, controlando en todo momento o ritmo do encontro e aumentando de forma considerable a diferenza no marcador. Un parcial de 25-10 neste tempo, firmaba unha diferenza final contundente a prol dos carballeses, 42-27.

Na derradeira xornada de liga, o J.Bello viaxará a Pontevedra para enfrontarse ao Teucro, pero isto xa será despois da festividade de Semana Santa.