Derradeiro partido da 1ª Estatal no Vila de Noia
A catro puntos de levarse a liga de 1ª Estatal atópase o Calvo Xiria. No derradeiro partido da fase regular no Vila de Noia recibirá a un Bm. Porriño que…

A catro puntos de levarse a liga de 1ª Estatal atópase o Calvo Xiria. No derradeiro partido da fase regular no Vila de Noia recibirá a un Bm. Porriño que tentará por todos os medios levarse os puntos en xogo. A xornada, declarada polo club de portas abertas, pode rematar co Calvo xa clasificado matematicamente para a fase de ascenso a DHP. Tentarán os xogadores carballeses de facer un bo partido para non pasar apuros e de paso ofrecer un bo espectáculo a os seus seareiros que nas últimas xornadas de liga foron fundamentais para poder manter o primeiro posto na táboa clasificatoria. Como é habitual o partido será no Vila de Noia o sábado ás 18:00 horas, contando ca arbitraxe dos galegos Pedro Eiras e Aaron Sestay.
Segunda das xornadas da Copa Deputación para o Goldie Xiria, que tentará levarse a vitoria nun difícil encontró o domingo ás 11:30 no Pavillón Municipal de Lavadores. O conxunto vigués rematou a liga dous puntos por debaixo das carballesas, que tentarán amosar un xogo igual de rápido que a pasada xornada ante o Teucro.
Afronta o Laber Xiria a terceira xornada de Copa coa intención de estrear o seu casilleiro de vitorias, e faino ante un potente rival como é o Teucro de Pontevedra. Os carballeses, deberán de recuperar o nivel defensivo que amosaron na competición ligueira e continuar na mellora de determinados aspectos no ataque posicional. O encontro dará comezo o Sábado as 20:00h. Os cadetes do Grupo Lemaco xogan este Sábado ás 16:00h no Vila de Noia o penúltimo encontro da fase de grupos da Copa contra o Bm. Porriño, equipo ao que venceran nos dous partidos de Liga por amplas diferenzas. Manter o bo nivel en defensa amosado no último encontro fronte o Lavadores será clave para non dar cabida a sorpresas e facerse cunha vitoria que permitiría chegar á última xornada contra o Octavio con opcións de acadar a 1ª praza que agora ostentan os olívicos. Última xornada da fase final de división de honra infantil, onde o Garaysa Xiria viaxa a Pontevedra para enfrontarse ao Cisne. Cos dous conxuntos xa clasificados para o Campionato Estatal; a importancia do partido céntrase en competir a bo nivel e manter a dinámica defensiva do equipo, para seguir progresando. O partido dispútase o sábado 30 ás 12:00 no pavillón Colexio Os Sauces Tamén o sábado o Marmolería José Rey Xiria recibe ó Conservas Boya Camariñas no pavillón Vila de Noia ás 10:15. O choque preséntase igualado e o equipo que consiga impor o seu ritmo de xogo terá máis opcións de levar os puntos en xogo. Por último, o sábado, volve o minibalonmán a Carballo, onde benxamíns e alevíns farannos gozar desde as 10:00 até a 13:00 no pavillón Ceip Fogar.
