Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Vitoria do Marmolería José Rey Xiria

Partido moi igualado e no que se impuxeron dende o inicio as accións ofensivas ás defensas. Con moita comodidade se chegaba a zonas de lanzamento moi eficaces, sempre cos defensores…

Partido moi igualado e no que se impuxeron dende o inicio as accións ofensivas ás defensas. Con moita comodidade se chegaba a zonas de lanzamento moi eficaces, sempre cos defensores un paso por detrás dos atacantes. Ningún equipo foi quen de ter unha diferenza máis alá dos tres goles no electrónico. Así se chegou ao tempo de lecer cun resultado de empate a 15 que facía xustiza aos méritos duns e outros. A segunda parte foi moi similar á primeira, mais no conxunto local deixouse notar en certos intres o cansazo, pois á convocatoria de Fernando co Garaysa Xiria uniuse a lesión durante o encontro de Manuel e Javier. Pero no momento máis complicado do encontro cun Camariñas en clara liña ascendente os carballeses tiraron de orgullo para levarse os puntos en xogo cuns derradeiros cinco minutos de gran xogo colectivo.

Incidencias: Partido disputado no Pavillón Vila de Noia cuns 100 seareiros nas bancadas. Colexiada: Juana Garrochena González do colexio galego. Sinalou con exclusión polo Marmolería José Rey Xiria a Antonio Calvelo (39´), Paulo Collazo (42´) e Aaron Rodríguez (52´), namentres polo Conservas Boya foron sancionados Bieito Canosa (13´), Cibrán Rojo (20´), Ayoub Talaa (32´), Dylan Mouzo (37´) e José Romar (40´).

MARMOLERÍA JOSÉ REY XIRIA 29 (15+14): Pedro Pena [p], Daniel Regueiro [p], Diego Rodríguez (9), Pablo Esmorís (1), Antonio Calvelo (5), Paulo Collazo (2), Carlos Varela (4), Javier Rodríguez (1), Aaron Rodríguez (4), Alejandro Santos (1), Manuel Varela (2).

CONSERVAS BOYA BM CAMARIÑAS 27 (15+12): Fernando Allo, Javier Martínez (3), Martín Luaces, Dylan Mouzo (4), Bieito Canosa (11), José Romar (7), Abel Luaces, Daniel Luaces, Anxo Canosa (2), Ayoub Talaa, Cibrán Rojo.