Derrota do Laber Xiria na primeira xornada da Copa

Un Laber Xiria minguado polas baixas e as ausencias (até 5 xogadores), saíu derrotado do municipal de Porriño nun encontro no que os locais mostraron máis ganas de competir e máis ambición por conseguir a vitoria. Os de Porriño, que caeran en Carballo hai dúas semanas, amosáronse moi superiores ao seu rival no día de hoxe.

Pouca resistencia puxeron os bergantiñáns no seu debut de Copa en termos xerais, pero aínda así, até o minuto oito os verdinegros dominaban no marcador cunha cómoda vantaxe (7-10). Foi a partir deste momento cando as poucas ideas dos visitantes sufrían un importante curtocircuíto e un 12-2 de parcial encaixado até o final do primeiro acto, sacaba as cores aos subcampións galegos e deixaba o partido moi costa arriba.

Comezaba a segunda parte co que parecía ser unha tímida reacción dos de Xiria, que se achegaban até catro goles de desvantaxe no minuto 5 (19-15), pero de novo as precipitacións e os balóns perdidos, puñan un 6-1 de parcial no seguintes cinco minutos e deixaban as cousas como estaban a falta de vinte  para a conclusión do encontro (25-16). A partir deste momento, non houbo máis historia nun partido onde, os de Porriño, xogaron a pracer, conseguindo unha vitoria final merecida dada a súa superioridade no día de hoxe e a pesar do bo facer do porteiro carballés Dani Buño.

A dinámica dun Laber Xiria, que parece desconectar despois da súa excelente clasificación para o campionato de España, deberá de cambiar para voltar á que fixo posible alcanzar ese obxectivo cara a afrontar con garantías a cita nacional.

BM.Porriño: 31 (18+13). Samuel, Gabriel (5), Diego (4), David (5), Alex (5), Pereiro (7), Sergio-Equipo Inicial-Pablo (2), Angel, Moreiras (1), Brian, Iván (1), Jacobo, Iñigo (1), Borja.

Laber Xiria: 22 (11+11). Dani Buño, Iván Campos (3), Gabriel Castiñeiras (3), Diego Gago (1), Lolo (2), Borja Rodríguez (1), Iván Calvo (4)-Equipo Inicial-Antonio Mato, Andrés Barca (4), Alex Figueroa, José Pereira (4), Diego Morandeira.

Parciais cada 5´:3-2/5-5/6-9/10-10/15-11/18-11/Descanso/19-15/25-16/27-18/27-19/29-20/31-22/Final.

Árbitros: Andrés Tejo e Borja Bermúdez. Excluiron con dous minutos a Iñigo, David e Alejandro polos locais e a José Pereira, Borja Rodríguez e Iván Calvo (2) por parte dos visitantes.

Incidencias: Partido correspondente a primeira xornada de Copa Federación en categoría xuvenil e disputado no municipal de Porriño ante a presenza de sesenta afecionados de ambos conxuntos.

Fotos:

Juves porriño1

Juves porriño2

Juves porriño3

Juves porriño4

Juves porriño5

Juves porriño6

Juves porriño7

Juves porriño8