Derrota do Calvo Xiria
Se ata esta xornada o máximo de goles encaixados durante a liga polo Calvo Xiria era de 26, ante o Bueu foron 34. Dende o inicio viuse a un equipo…

Se ata esta xornada o máximo de goles encaixados durante a liga polo Calvo Xiria era de 26, ante o Bueu foron 34. Dende o inicio viuse a un equipo carballés pouco centra do na parcela defensiva, na que debería ter cimentado a súa vitoria. Tampouco na finalización estivo moi fino o conxunto verdinegro na tarde do sábado. Dende o inicio levaron os locais o partido ao seu terreo, e non foron capaces nin o adestrador carballés nin os xogadores de dar a volta a esta situación. Este resultado obriga aos verdinegros a non cometer máis erros no que queda de liga se quere rematar coma campión. Non será doado pois a vindeira xornada visita a cancha do quinto clasificado, o Luceros de Cangas, que contará con todos os xogadores que militan en Asobal. Mais de seguro que si os carballeses defenden coma xa amosaron nalgúns encontros desta tempada terán opcións de facerse ca vitoria.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal Pablo Herbello con preto de 200 seareiros nas bancadas. Colexiados: Pedro Eira Abalde e Aarón Sestay Prieto, do colexio galego, sen complicacións. Castigaron con exclusión polo Servi-Auto Bueu At a David Freire (16´, 49´), Anxo Vidal (23´), Santiago Otero (36´), Andrés Bacelar (41´), Simón Cerviño (41´), namentres polo Calvo Xiria foron sancionado Manuel Méndez (17´), Ramón Suárez-Pumariega (29´e 56´). 7 metros: Servi-Auto Bueu At 5//7 Calvo Xiria 3//4. Marcador cada 5 minutos: 3-3, 6-7, 7-10, 11-11, 13-15, 17-18, descanso, 20-19, 20-21, 25-24, 28-27, 31-29, 34-31.
SERVI-AUTO BUEU AT 34 (17+17): David Lagoa [p], Yeray Simes [p], Diego Lluque, Eloy Villanueva (4), Mauro Bacelar (2), David Freire, Simón Cerviño, Ramón Curra (5), Sergio Aguete, Anxo Vidal (2), Brais López, David Iglesias (6), Andrés Bacelar (2), Román Blanco, Santiago Otero (5), José M. Pastoriza (8).
CALVO XIRIA 31 (18+13): Martín Gómez [p], Alejandro Naya, [p], Alejandro Calvete, Brais Puñal (1), Manuel Méndez (6), Sergio Facal, Uxío Batán (2), Martín Alfeirán (9), Gonzalo Pombo (3), Ramón Suárez–Pumariega (1), Jorge Bouzas (4), Javier Rodríguez (1), Mario García de Seárez, Carlos Vilanova (4).