O Mamolería José Rey Xiria estrélase contra a portaría visitante
Na mañá do domingo, en Carballo, disputábase unha nova xornada da Cópa Deputación e facíao entre dúas dos equipos cabeceiros, o Marmolería José Rey Xiria e o Bm Culleredo. Os…

Na mañá do domingo, en Carballo, disputábase unha nova xornada da Cópa Deputación e facíao entre dúas dos equipos cabeceiros, o Marmolería José Rey Xiria e o Bm Culleredo.
Os carballeses empezaban ben, cunha defensa asentada e aguerrida, non deixando que o Culleredo se sentise cómodo sobre a pista. Aínda así, chegaríase ao descanso con vantaxe visitante, grazas ao bo facer do seu porteiro, 12 a 16.
Na continuación non se rendería o Marmolería, que o tentaría a través da súa defensa e con boas combinacións en ataque; abrigo co pivote, onde se puido ver un bo balonmán. Non conseguiría darlle a volta ao marcador grazas ao porteiro visitante, que ao cabo sería o protagonista do encontro.
Os do Marmolería José Rey Xiria disputarán o seu seguinte encontro na pista do Bm. Ferrolterra, despois da semana santa.
Incidencias: Partido disputado no pavillón Vila de Noia ante 100 seareiros. Colexiado: Francisco Díaz Do Val do colexio galego. Sen complicacións. / 7 metros: Marmolería José Rei Xiria 2/4 // Bm Culleredo 7/8
MARMOLERÍA JOSÉ REY XIRIA 25 ( 12 + 13 ): Pedro Pena [p], Daniel Regueiro [p], Manuel Varela (4), Aaron Rodríguez (4), Carlos Varela (3), Fernando Mallo (6), Pablo Esmorís (1), Antonio Calvelo (4), Diego Rodríguez (1), Javier Rodríguez, Paulo Collazo (1).
BM CULLEREDO 31 ( 16 + 15 ): Oscar Bello, Pablo Gómez, Asier Blanco, Daniel Del Río, Brais Pérez, Daniel Gómez, Guillermo Seijo, Marco García, Gabriel Vidal, Adrián Díaz, Francisco García, Julián González, Martin Insua.