Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

O Grupo Lemaco vence con claridade ao Carballal na última xornada de Liga

O Grupo Lemaco acadou unha contundente vitoria fronte ao AD Carballal, de Cabral (Vigo), nun encontro que dominou dende o comezo a base de boa defensa. Os carballeses comezaron moi…

O Grupo Lemaco acadou unha contundente vitoria fronte ao AD Carballal, de Cabral (Vigo), nun encontro que dominou dende o comezo a base de boa defensa.

Os carballeses comezaron moi intensos na 5-1, e cun Samuel moi acertado baixo paus colocaban o 1-7 no marcador nos primeiros minutos do encontro, obrigando aos locais a solicitar un tempo morto. Tralas correccións técnicas o Carballal melloraba en ataque pero seguía sufrindo en defensa para frear a velocidade dos do Xiria, que facían moito dano nas transicións. No descanso o 10-21 deixaba todo de cara para a segunda metade.

Neste segundo tempo o Xiria xestionou ben a vantaxe co Lavadores, que loitou ata o final por recortar diferenzas no electrónico, pero o Grupo Lemaco, pese ás baixas, amosouse superior ao rival e rematou vencendo 25-39.

Con estes dous últimos puntos o Grupo Lemaco remata a Liga Galega na 4ª praza, con 16 vitorias, 5 derrotas e 1 empate.

A.D. CARBALLAL – 25 (10+15): Lucas, Óscar, Brais (2), Abraham, Lois (6), André (1), Iago (5), Julio, Samuel (9), Jose (1) e Mario (1).

GRUPO LEMACO XIRIA – 39 (21+18): José (3), Pablo (1), Tasende (4), Antón (8), Andrés V. (5), Miguel, Andy (7), Mario, Renzo (2), Urbieta (4), Pedro (3), Pombo (2) e Samuel.

Clasificación final da Liga Galega de División de Honra Cadete:

Clasificación