Derrota do Garaysa femenino fronte o BM Lucus

O Garaysa chegou a Lugo coa premisa de facer o mellor partidoposible e aprender en cada minuto do partido. Na primeira parte as xogadoras de Carballo mostráronse moi móbiles en ataque tentando sempre conquistar os espazos en carreira. Producíanse perdas de balón derivadas desta mobilidade, pois nesta idade aínda resulta difícil atacar con esta rapidez.  En ataque mostráronse un pouco máis pasivas,  faltas de iniciativa para contactar coas rivais e isto custábanos demasiados goles. Ao descanso o marcador era favorable ás locais 12-3.

Na segunda parte as carballesas non saíron coas ganas de mellorar coas que afrontaron a primeira parte, non foron uns minutos dos que sacar proveito.

Para a semana temos outro partido para seguir mellorando.

BM LUCUS 26 (12+14) Saram 13, Sofía, Laura (1), Ángela (9), Julia, Sofía (2), Jennifer, Antía (1), Lucía (1), Claudia, Lara.

Garaysa Xiria Femenino 4 (3+1) Lucía Lema [p], Paula Abelenda, Stefanía Landri, Uxía Suárez, María García, María Patiño , Coral Ruibal (1), Candela Couto(1), Natalia Cancela (1), Ana Pombo (1)

IMG-20171118-WA0010

IMG-20171118-WA0012

IMG-20171118-WA0013

IMG-20171118-WA0016

IMG-20171118-WA0022