O infantil do Tubasys vence con claridade ó Ribadosar(39-9)

O infantil do Tubasys vence con claridade ó Ribadosar(39-9)

O Tubasys Xiria impúxose con claridade no seu encontro da Liga Prata ante o Bm. Ribadosar. A defensa presionante das carballesas non deixaba respirar as santiaguesas, que nas perdas de bola, encaixaban nas contras rápidas do Tubasys. As diferenzas foron en aumento, o que lles permitiu as locales facer rotacións para manter a intensidade ata o final.

Na vindeira xornada, as carballesas do Tubasys Xiria visitarán a pista do Bm. Abegondo, que marcha segundo clasificado detrás das carballesas pero con un partido menos, no que será o derradeiro encontro das verdes nesta primeira fase