Derrota do Garaysa Xiria A nunha mala segunda parte
Logo dunha gran primeira metade, o baixón no inicio da segunda costoulles ao Garaysa Xiria A o partido Garaysa Xiria A 25 – Librería Dalvi Lalín 32 Garaysa Xiria: Iker…

Logo dunha gran primeira metade, o baixón no inicio da segunda costoulles ao Garaysa Xiria A o partido
-
[
![[INF. MASC.] GARAYSA XIRIA A vs LIBRERIA DALVI LALIN](https://i.ytimg.com/vi/PHDTqw-NmLI/sddefault.jpg)
[INF. MASC.] GARAYSA XIRIA A vs LIBRERIA DALVI LALIN
](#PHDTqw-NmLI "[INF. MASC.] GARAYSA XIRIA A vs LIBRERIA DALVI LALIN")
Garaysa Xiria A 25 – Librería Dalvi Lalín 32
Garaysa Xiria: Iker Lema, Andrés Gómez, Desale López (6), Ivan Rey (1), Gonzalo García (2), Quintín Insua (3), Rodrigo Rama, Lucas Radio (6), Brais Sánchez, Dani Pan (1) e Hugo Rama (4) e Sergio Pérez (2).
Incidencias: Partido correspondente á 9ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón Fogar (Carballo)
Arrincaba o partido no Ceip Fogar moi forte nas tarefas defensivas por parte do dous conxuntos. O Garaysa que estaba conseguindo neutralizar perfectamente o ataque lalinense, non estaba tendo moita precisión en ataque e así chegábase ao descanso cun 11-11 onde as defensas eran as absolutas protagonistas.
A segunda metade foi todo o contrario para os de Carballo, que saíron moi mal ao encontro, e en 12 minutos, os visitantes cerraban o partido cun parcial de 4-13, onde a reacción carballesa final, non sería suficiente para que os de Laín se levasen a vitoria.
A vindeira semana o Garaysa Xiria A comezaba a segunda volta e recibe ao Balonmán Culleredo en Carballo.


