Derrota do Grupo Lemaco a pesar da melloría diante do Seis do Nadal Coia

Seis do Nadal Coia 34 – Grupo Lemaco Xiria 27 – (19-15)

Non foi suficiente a melloría amosada polo conxunto carballés, pois a superioridade física dos xogadores do Seis do Nadal, especialmente cunha defensa dura e maior envergadura, determinaron a vitoria para os locais.

Xa dende o comezo o equipo vigués poñía claro ao seu rival que non lle ía a poñer as cousas fáciles, ateigado nunha defensa 6:0 aproveitando a altura do bloque central e dando poucas opcións aos lanzadores rivais, o Seis do Nadal abría brecha no marcador aproveitando algúns desaxustes defensivos do Xiria, un 12-6 a pouco dos 15 minutos de encontro parecía que declinaba definitivamente o encontro para os locais, pero pouco a pouco o Grupo Lemaco ía axustando e subindo o nivel en defensa e vía como facerlle fronte ao contrario.

Catro goles de diferenza ao descanso e moito partido por diante, no inicio da segunda metade o Xiria funcionaba en defensa e ía anotando nos seus ataques, logo de xogar con máis paciencia e buscar espazos para os seus extremos, o cal servía para axustar o marcador nun 19 a 18, e 21 a 20, nese momento do partido o Seis do Nadal aumentou a intensidade defensiva con un punto máis de agresividade do que deberan de haber permitido os colexiados, o que se saldou con varias perdas de balóns e posteriores goles a contra dos vigueses, cobrou distancia o rival e o Xiria nada máis que puido ir a remolque nos derradeiros minutos, vendo como se lle escapaba o encontro.

Seis do Nadal Coia 34 (19): Doval Vázquez e González Patiño (porteiros) , Fernando Soutullo 4, Salgueiro Puga, Cabanelas Figueirido 6, Couto Carreira 3, Miguel Domínguez 2, Branco Batalla 2, Da Cunha Coba 2, Alonso González 4, García Do Barro 5, Fernández Domínguez, Iglesias Alvarez e Rivas Lago 6.

Grupo Lemaco Xiria 27 (15): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez, Alex Gómez 7, Pedro Pereira 6, Iago Rincón 1, Renzo Díaz , Adrián Mesejo 1, Brais Vila 5, Mario Rincón 2, Andrés Urbieta 5, Manuel Varela, Alex Sueiro e Diego Rodríguez

Marcador cada 5 min: 5-3 / 9-4 / 11-7 / 13-10/ 15-12 / 19-15/ 19-18 / 21-19 / 23-19/ 28-22/ 30-25/ 34-27

Arbitraron: Marcos Pérez e Angel Villar, sen complicacións, excluíron a Miguel Domínguez, Alonso González (2), Rivas Lago e Fernández Domínguez polo Seis do Nadal e a Pedro Pereira (2),  Adrián Mesejo e a Brais Vila