O Goldie Xiria viuse superado polo Meloxeira Rasoeiro de O Grove
Goldie Xiria 16 – Meloxeira Rasoeiro 24 (8-14) Non soubo xogarlle o Xiria ao rival deste sábado, e viuse superado no marcador e no xogo, diante dun equipo con moito…

Goldie Xiria 16 – Meloxeira Rasoeiro 24 (8-14)
Non soubo xogarlle o Xiria ao rival deste sábado, e viuse superado no marcador e no xogo, diante dun equipo con moito máis ritmo de ataque e con mellor disposición defensiva.
Non chegaba ben ao encontro o Goldie Xiria con moitas baixas e con parte das súas xogadoras claves tocadas, a isto uniuse unha mala tarde diante da portería rival, estragando numerosas claras ocasións e non definindo diante da porteira rival. Cunha bagaxe pobre no ataque o Goldie estivo a mercé das de O Grove durante os primeiros 30 minutos.
Volveu a intentalo o equipo carballés na segunda metade, achegándose no marcador, con maior mobilidade nas accións de ataque e maior intensidade e profundidade defensiva, pero o desacerto cara a portería contraria facía imposible a remontada.
Ao final, vitoria das de O Grove, e pensar na próxima visita a Vigo diante do Lavadores.
Meloxeira Rasoeiro 24 (14**):** Xila (porteira) Carla 9, Natalia 4, Alicia 9, Andrea 1, Angela, Patricia, Noelia 1, Tania e Lara
Goldie Xiria 35 (19): Brenda Noya (porteira), Jessica Posse 2, Zeltia Landeira 4, Juana Garrochena 4, Sheila Ferreiro, Leticia Casal 1, Ainoa Míguez, Adriana Gómez 3, Alba Pombo, Tamara Pombo 1, e Elena Segade 1.
Marcador cada 5 min: /1-2/ /2-4/ /4-6/ /4-8/ /7-11/ /8-14/ /10-14//10-17/ /12-19/ /1219/ /12-21/ /16-24/
Arbitraron: Gabriel Folgoso e Pablo Barreiro, excluiron a Noelia e Tania polo Rasoeiro e a Leticia e Jessica polo Goldie Xiria.